Ignacio López-Chaves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Ignacio López-Chaves
Ignacio López-Chaves 2017.jpg
Nacemento 5 de xullo de 1964
  Vigo
Nacionalidade España
Educado en Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación político
editar datos en Wikidata ]

Ignacio Javier López-Chaves Castro, nado en Vigo o 5 de xullo de 1964, é un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, ten ademais un mestrado en xestión de empresas culturais pola Universidade Aberta de Cataluña. Profesionalmente é docente universitario, e ensina Dereito na Universidade de Vigo. Nesa universidade López-Chaves foi secretario do seu consello social.

Afiliado ao Partido Popular de Galicia, en 2005 sae elixido deputado nas eleccións autonómicas pola provincia de Pontevedra. En 2007 sae tamén elixido concelleiro, postos os dous que repite respectivamente nas autonómicas de 2009 e nas municipais de 2011. Na Cámara galega ocupou o cargo de voceiro de Cultura.

En 2011 renuncia ás súas actas de deputado e de concelleiro e substitúe a Corina Porro á fronte da Autoridade Portuaria de Vigo[1]. No Parlamento de Galicia foi substituído por Fátima Iglesias e no concello vigués por Pablo Beiro. En outubro de 2015 é nomeado Delegado Territorial en Vigo da Xunta de Galicia trala dimisión Maria José Bravo Bosch, motivo polo que abandona a presidencia da Autoridade Portuaria de Vigo e é substituído no posto por Enrique López Veiga[2]. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra.


Predecesor:
Corina Porro
 Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo 
20112015
Sucesor:
Enrique López Veiga
Predecesor:
María José Bravo Bosch
 Delegado da Xunta de Galicia en Vigo 
2015 – Actualidade
Sucesor:
Actualmente no cargo

Notas[editar | editar a fonte]