Fátima Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fátima Iglesias
Nacemento22 de agosto de 1971
 A Guarda
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

Fátima Iglesias Ferreira, nada na Guarda o 22 de agosto de 1971, é unha política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, master de Axente de Emprego pola Universidade de Vigo, iniciou a súa carreira política no seu concello natal, onde foi elixida concelleira en representación do PPdeG en 2007. Desenvolve a súa experiencia laboral como Técnico de Emprego e Docente[1], nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura dos populares ao concello guardés, mais non acadou os respaldos suficientes para obter a alcaldía a pesar de subir un concelleiro e quitarlle a maioria absoluta ao PSdeG. Dous meses despois, e grazas a unha serie de renuncias das que a última foi a do deputado Ignacio López-Chaves[2], accedeu ao posto de parlamentaria no Parlamento de Galicia en representación da circunscrición de Pontevedra.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casada e ten dous fillos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]