Pablo Beiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPablo Beiro
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de febreiro de 2015 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónconcelleiro , atleta paralímpico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular de Galicia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Pablo Beiro Diz, nado en Vigo en 1962 e finado na mesma cidade o 28 de febreiro de 2015, foi un deportista paralímpico e político galego.

Pavillón Pablo Beiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A cidade de Vigo ós seus atletas.[1]

Quedou parapléxico despois dunha deficiente operación cirúrxica. Rexentou un quiosco de prensa en Canido desde 1978. Traballou na ONCE.

Comezou a practicar o baloncesto en cadeira de rodas en Toledo. En 1982 cofundou e presidiu o Club Deportivo Baloncesto AMFIV (Asociación de Minusválidos Físicos de Pontevedra). Xogou na Selección de baloncesto de España paralímpica nos VIII Xogos paralímpicos de Seúl 1988.

Foi concelleiro do concello de Vigo polo Partido Popular desde 2009.[2]

Recoñecérono como Vigués distinguido no ano 2000. Un pavillón municipal de deportes en Bouzas leva o seu nome.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]