Ignacio Allende

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ignacio Allende
Ignacio Allende.jpg
Nacemento21 de xaneiro de 1769
 San Miguel de Allende
Falecemento26 de xuño de 1811
 Chihuahua
CausaFusilamento
SoterradoCidade de México
NacionalidadeMéxico
OcupaciónSoldado
editar datos en Wikidata ]
Ignacio Allende.

Ignacio José de Allende Unzaga, nado en 1769 e finado en 1811, foi un capitán do exército realista en México que simpatizou co proxecto de independencia do país. Asistiu ás primeiras xuntas secretas da rebelión organizadas polos corrixidores de Querétaro e loitou canda a Miguel Hidalgo na primeira etapa da guerra de independencia. Relevou a Hidalgo no liderado dos insurxentes. En Acatita de Baján, Coahuila, foi traizoado e apresado por Ignacio Elizondo, xunto con Miguel Hidalgo, Mariano Abasolo, Mariano Jiménez e Juan Aldama e conducido á cidade de Chihuahua, onde foi xulgado por insubordinación, fusilado e decapitado. A súa cabeza foi exhibida nunha esquina da Alfóndega de Granaditas, na cidade de Guanajuato, como advertencia ós insurxentes, onde permaneceu 10 anos.