Igón, A Ribeira, Cervantes
Igón | |
---|---|
![]() | |
Parroquia | A Ribeira |
Concello | Cervantes |
Coordenadas | 42°54′54″N 7°03′26″O / 42.915036917509, -7.0571684725648 |
Poboación | 2 hab. (2024) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Igón é un lugar da parroquia da Ribeira no concello lugués de Cervantes na comarca dos Ancares. Segundo o IGE[1], en 2024 tiña dous habitantes (dous homes). Compóñeno tres casas: casa da Castañeira, casa de Mourádigo e casa da Casoa.
Toponimia
[editar | editar a fonte]A orixe do topónimo da aldea de Igón puido ser villa Iconi, nome xermánico dun posible fundador chamado Ico ou Igo. Nun documento que provén do mosteiro de Penamaior, en Becerreá, o nome da aldea aparece escrito como Ygon no 1309 e noutro do mosteiro de Carracedo do Bierzo como Eygon no 1384.
Tendo en conta o anterior, a antigüidade da aldea de Igón poderíase situar entre os séculos V e VII, durante o reinado suevo ou visigodo. O engadido do H en Higón é moi posterior e sen base etimolóxica, sendo probablemente castelanizado confundido por Higo (Figo).[2][3]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da Ribeira
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia da Ribeira no concello de Cervantes (Lugo) | |
---|---|
Cabana | Drada | Igón | Orbán | Padornelo | San Martín | Seimeira | Souto | Tarnas | Valgos | Vilartatín |
Parroquias de Cervantes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 9 de xuño de 2025.
- ↑ "Arqueoloxia dos Ancares". Arqueoloxia dos Ancares.
- ↑ "Igón Cervantes". Igón Cervantes.