Bornholmés
Aparencia
(Redirección desde «Bornholmsk»)
O Bornholmsk ou bornholmés é a fala tradicional da illa de Bornholm, considerada un dialecto da lingua dinamarquesa pertencente ao grupo oriental (Østdansk en dinamarqués) e estreitamente relacionado cos dialectos de Escania.
Situación
[editar | editar a fonte]Desde a década de 1950 o bornholmsk comezou a recuar, especialmente entre a poboación máis nova da illa, que en gran parte fala a norma estándar do dinamarqués. A organización Bevar Bornholmsk pertencente á KulturBornholm traballa na preservación e desenvolvemento da fala, concedendo premios, editando materiais e favorencendo a súa introdución nos medios de comunicación, malia existiren diversos dicionarios bornholmsk-dinamarqués a produción escrita é escasa e non existe unha ortografía normalizada.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Arquivo de son en Bornholmsk do departamento de dialectoloxía da Universidade de Copenhaguen (recolleito en 1975 dun falante nado en 1899)
- Arquivo de son en Bornholmsk, recolleito pola Universidade de Aarhaus en 1973 dun falante nado en 1906
- Programa de radio presentado polos entusiastas da fala Lief Heriksen e Karl Kristensen en Radio Bornholmsk (1997)[Ligazón morta]