Iago Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Iago Fernández
Nacemento1987
 Cangas
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpercussionista
editar datos en Wikidata ]
Iago Fernández sexteto tocando no Filloa Jazz en abril de 2014.

Iago Fernández, nado en Cangas en 1987, é un batería e compositor de jazz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de compaxinar a percusión clásica no conservatorio profesional de Cangas[1] coa formación jazzística do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra[2] (2002-2006), no 2011 gradúase no Centro Superior de Música del País Vasco, Musikene” (especialidade de jazz-batería), onde recibe clases de Jorge Rossy, Perico Sambeat, Jo Krause, Albert Sanz e Guillermo Klein entre outros. Foi membro do cuarteto de Jesús Santandreu (2007-2010), co que gravou un disco e lle facilitou o contacto con outros músicos, especialmente en cidades como Valencia, Madrid e Lisboa. Ten tocado en varios dos festivais e ciclos de jazz máis importantes da Península Ibérica (Getxo[3], Barcelona, Vigo , Madrid, San Sebastián, Lisboa, Braga..), ademais de Ecuador (Guayaquil, Quito, Loja), Alemaña (Frankfurt, Hamburgo, Berlín) e outros países. Colaborando con recoñecidos músicos como: Avishai Cohen (xira europea de 2013[4]), Omer Avital, Perico Sambeat, Marcus Strickland, Lage Lund, Masa Kamaguchi, Javier Colina, Albert Sanz, Chris Kase, Jesús Santandreu, Jorge Rossy, Guillermo Klein, Andrzej Olejniczak entre moitos outros. Ademais, Iago toca habitualmente co trío de Xan Campos (dende o 2008), co sexteto de Virxilio Da Silva, co quinteto de Wilfried Wilde e co quinteto do guitarrista lisboeta André Fernandes (con Perico Sambeat). O seu primeiro disco como líder foi Agromando[5] (Free Code, 2011) e seguíronlle despois Acougo (Free Code, 2015) e Brisa (Fresh Sound, 2016). Actualmente fai concertos co cuarteto do último disco (con Enrique Oliver, Wilfried Wilde e Reinier Elizarde) e tamén co sexteto de Acougo [6](con Félix Rossy, Vicent Macián, Wilfried Wilde, Xan Campos e Demian Cabaud).

Discografía[editar | editar a fonte]

Como líder[editar | editar a fonte]

  • Agromando (Free Code Jazz Records, 2011) con Xan Campos, Demian Cabaud, André Fernándes, Virxilio da Silva, Zé Pedro, Joao Mortágua e Baptiste Techer.
  • Acougo (Free Code, 2015)
  • Brisa (Fresh Sound, 2016)

Con Xan Campos[editar | editar a fonte]

  • Ida e volta (Free Code, 2007) con Hugo Astudillo, Enrique Oliver e Matt Brewer.
  • Orixe Cero (Free Code, 2011)
  • Ectropía (Free Code, 2014)
  • E.S.D. (Free Code, 2016) con Virxilio Da Silva e Wilfried Wilde.

Outros[editar | editar a fonte]

  • Ten Jazz Men - Men's Idea (Free Code, 2006)
  • Jesús Santandreu - Sound Colors (Fresh Sound, 2009)
  • Canjazz Reunion - Canjazz Reunion (Free Code, 2009) con Marcus Strickland, Lage Lund, Xan Campos e José Ferro.
  • Nelson Cascais - Guruka (TOAP, 2009) con
  • Arturo Serra - Loud Zee (First Steps, 2009)
  • Vistel Brothers - Evolution (Fresh Sound, 2010)
  • Iñaki Rodríguez - Burbuja (Errabal Jazz, 2012)
  • Chris Kase - Six (Karonte, 2012)
  • Gonzalo Tejada - Norma Jean Baker (Errabal Jazz, 2014)
  • Mané Fernandes - Root/Fruit (2015)
  • André Fernandes - Dream Keaper (Edition Records, 2016)
  • Rubén Carlés - Water Lily (Fresh Sound, 2016)
  • Wilfried Wilde - Oscilenscope (Fresh Sound, 2017)
  • Virxilio Da Silva - Juzz (2017)

Notas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.