Saltar ao contido

I May Destroy You

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

I May Destroy You
 Título
   I May Destroy You (en) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
 Instancia de
 Composto por
Características
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Tema principal
 Lingua orixinal
Implicados
 Elenco
 Distribuidor/a
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
7 de xuño de 2020 HBO Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
14 de xullo de 2020 BBC One Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de episodios
   12 Editar o valor en Wikidata
 Número de tempadas
   1 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt11204260 Allocine: 25797 Rottentomatoes: tv/i_may_destroy_you Metacritic: tv/i-may-destroy-you Editar o valor en Wikidata
Wikidata

I May Destroy You é unha serie de televisión británica creada, escrita e dirixida por Michaela Coel para BBC One e HBO. A serie localízase en Londres e ten un elenco principalmente afrobritánico.[1] Coel protagoniza o papel de Arabella, unha escritora na vintena que intenta reconstruír a súa vida após ser violada. A serie estreouse o 8 de xuño de 2020 en BBC One e o 7 de xuño de 2020 en HBO.[2]

De acordo con Metacritic é a serie de televisión máis valorada pola crítica de 2020,[3] e foi descrita polo The New York Times como "a serie perfecta para un mundo ansioso".[4] Gañou os BAFTA á mellor miniserie, á mellor dirección de serie dramática, ao mellor guión de serie dramática e á mellor actriz.

Tamén é candidata a nove Premios Primetime Emmy.[5]

Arabella (Michaela Coel) é unha novelista coñecida a través de Twitter que acada a fama coa súa primeira obra Chronicles of a Fed-Up Millennial. Considerada unha icona para o público milenial, non consegue avanzar no seu segundo libro. Na véspera da data de entrega dun adianto da obra, decide tomar un descanso para quedar pola noite cuns amigos en Londres. Á mañá seguinte, non é quen de lembrar o que lle pasou, pero vaino esclarecendo aos poucos coa axuda dos seus amigos Terry (Weruche Opia) e Kwame (Paapa Essiedu).

Elenco e personaxes

[editar | editar a fonte]

Principais

[editar | editar a fonte]

Recorrentes

[editar | editar a fonte]
  • Marouane Zotti como Biagio, mozo de Arabella en Ostia, Italia.
  • Stephen Wight como Ben, compañeiro de piso de Arabella.
  • Adam James como Julian, axente literario de Arabella.
  • Natalie Walter como Francine, axente financeiro de Arabella.
  • Aml Ameen como Simon, amigo de Arabella.
  • Lara Rossi como Kat, moza de Simon.
  • Ann Akin como Alissa, amante de Simon.
  • Chin Nyenwe como Tariq, amigo de David.
  • Lewis Reeves como David, de Ego Death.
  • Sarah Niles como oficial Funmi.
  • Mariah Gale como oficial Beth.
  • Rebecca Calder como Shirley, vítima de violación.
  • Andi Osho como Carrie, terapeuta de Arabella.
  • Fehinti Balogun como Damon, ligue de Kwame.
  • Karan Gill como Zain Tareen, escritor de Henny publishing.
  • Tobi King Bakare como Nicholas, irmán de Arabella'.
  • Ellie James como Sion, asistente de Susy.
  • Franc Ashman como Susy Henny, editora de Arabella.
  • Harriet Webb como Theodora, compañeira de clase de Arabella e Terry.
  • Shalisha James-Davis como Loretta, membro do grupo de apoio de Theodora.
  • Gaby French como Theodora (adolescente).
  • Danielle Vitalis como Arabella (adolescente).
  • Lauren-Joy Williams como Terry (adolescente).
  • Pearl Chanda como Nilufer, ligue de Kwame.
  • Gershwyn Eustache Jnr como Tyrone, ligue de Kwame.
  • Tyler Luke Cunningham como Kai, ligue de Terry.

Convidados

[editar | editar a fonte]
  1. Huffington Post
  2. Obenson, Tambay (26 de maio de 2020). "'I May Destroy You' Trailer: Michaela Coel's New HBO Series Promises to Be Bold and Provocative". IndieWire. Arquivado dende o orixinal o 3 de xuño de 2020. Consultado o 8 de xuño de 2020.
  3. "I May Destroy You". Metacritic. Arquivado dende o orixinal o 7 de xuño de 2020. Consultado o 13 de setembro de 2020.
  4. Chocano, Carina (29 de xullo de 2020). "‘I May Destroy You’ Is Perfect TV for an Anxious World". The New York Times. ISSN 0362-4331. Consultado o 7 de xuño de 2021.
  5. Hipes, Patrick (13 de xullo de 2021). "Emmy Nominations: ‘The Crown’, ‘The Mandalorian’ Top List; HBO/HBO Max Edges Netflix For Top Spot – Full List Of Nominees". Consultado o 14 de xullo de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]