Saltar ao contido

(3200) Faetón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(3200) Faetón
 Designación provisional
    1983 TB Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Epónimo
Características
 Astro pai
 Astro fillo
 Grupo menor
 Tipo espectral de asteroide
Implicados
 Inventor/a ou descubridor/a
Datas
 Descuberta / invención
11 de outubro de 1983 Editar o valor en Wikidata
 Época
Historia
 Acontecementos importantes
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Localización descubrimento
Cifras e dimensións
 Diámetro
   6,25 km Editar o valor en Wikidata
 Apoapse
2,403 au
2,4025789673134 au Editar o valor en Wikidata
 Periastro
0,139981 au
0,14021141512842 au Editar o valor en Wikidata
 Argumento de periastro
322,18553 °
322,30651246336 ° Editar o valor en Wikidata
 Excentricidade orbital
0,89
0,8898977
0,88971846354572 Editar o valor en Wikidata
 Inclinación orbital
22,169 °
22,2603 °
22,312637472597 ° Editar o valor en Wikidata
 Período orbital
1,43 a
523,62367399428 d Editar o valor en Wikidata
 Período de rotación
   3,604 h Editar o valor en Wikidata
 Semieixo maior
1,2713728 au
1,2713951912209 au Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude do nó ascendente
265,21619 °
265,09557198937 ° Editar o valor en Wikidata
 Anomalía media
313,93903 °
163,97509677836 ° Editar o valor en Wikidata
 Tempo de periapse
   2.460.761,9965483 Editar o valor en Wikidata
 Albedo
   0,1066 Editar o valor en Wikidata
 Magnitude absoluta
14,6
14,39 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF242714125 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02wwb2 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

(3200) Faetón ou (3200) Phaethon, nomeado así de xeito internacional Pola UAI (IAU) dende 1985, despois de ser chamado de xeito provisional 1983 TB, o ano da súa descuberta polo satélite IRAS (Infrared Astronomical Satellite),[1] é un asteroide de tipo Apolo. No 2017, trátase do asteroide nomeado que ten a órbita que se aproxima máis ó Sol (aínda que existen moitos asteroides numerados pero non nomeados, cun perihelio menor, como (137924) 2000 BD19).[2] Por esta característica, foi chamado considerando o mito grego de Faetón, fillo de Helios, deus do Sol. Ten 5,8 km de diámetro.[3][1] É o corpo celeste pai das Xemínidas, a chuvia anual de meteoros de mediados de decembro. Cunha historia de observación de máis de trinta anos, a súa órbita está ben determinada, e a súa distancia á Terra ten unha precisión de ± 40 km.

Composición a partir de imaxes de radar do radioobservatorio de Arecibo.
Composición a partir de imaxes de radar do radioobservatorio de Arecibo.

Foi o primeiro asteroide descuberto por análise de imaxes dun satélite artificial. Os seus descubridores, Simon F. Green e John K. Davies fixeron a descuberta con imaxes do 11 de outubro de 1983, procurando obxectos en movemento nos datos do IRAS. O descubrimento foi anunciado de xeito oficial o 14 de outubro na IAUC 3878, e a confirmación óptica directa da existencia do obxecto foi feita por Charles T. Kowal, quen o clasificou como de aparencia asteroidal, sen actividade cometaria. A observación no seu perihelio é imposible por satélite, debendo seguirse por equipos de observación solar, como o NASA Solar Terrestrial Relations Observatory (STEREO), que o segue dende 2009.[1] Dita observación deu como resultado a visualización dunha pequena cola pouco despois do seu perihelio, a que daría pé ás Xemínidas. No 2022 o exame pormenorizado detectou a emisión departículas de sodio no perihelio, que non poderían formar a cola causante das xemínidas, atribuídas agora a un fenómeno acorrido habería uns douscentos anos.[1]

Órbita de Faetón arredor de decembro de 2017.
Órbita de Faetón arredor de decembro de 2017.
  1. 1 2 3 4 "SOHO chases asteroid's tail". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-06-04.
  2. ↑ "Small-Body Database Lookup". ssd.jpl.nasa.gov. Consultado o 2021-12-11.
  3. ↑ "Small-Body Database Query". ssd.jpl.nasa.gov. Consultado o 2021-12-11.