IES Eduardo Blanco Amor (Ourense)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°20′56″N 7°51′59″O / 42.34889, -7.86639

IES Eduardo Blanco Amor
InstitutodaPonteOurense.jpg
Vista frontal
Enderezo
Rúa Vicente Risco, Ourense
Datas
Creación22/10/1966
Educación
EnsinanzasEducación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato
Xestión
Tipopúblico
TitularidadeXunta de Galicia
DirectorCarlos Ferreiro García
Na rede
http://www.edu.xunta.gal/centros/ieseduardoblancoamor/
Facebook

O I.E.S Eduardo Blanco Amor de Ourense é un centro pertencente ó ensino secundario que imparte ESO e Bacharelato. Atopase inserido na rede pública de institutos da Xunta de Galicia. O seu nome honra a memoria do autor Eduardo Blanco Amor. Está localizado no centro da cidade, concretamente no barrio da Ponte, na rúa Vicente Risco.

Historia[editar | editar a fonte]

O centro inaugúrase o 22 de outubro de 1966 coma un instituto masculino. A obra deste proxecto, foi dirixida por Marciano Hernández Serrano, construíuse pola empresa ourensá Suárez Dacosta cun presuposto de 14.152.006,56 pesetas.

Contorna[editar | editar a fonte]

Este centro atópase localizado nunha zona cunha boa comunicación debido a súa proximidade á estación de autobuses (1’5 km) e de tren (700 m).

Instalacións[editar | editar a fonte]

Está formado por un edificio e anexos como o polideportivo ou o patio cuberto. En canto ás instalacións conta con[1] salón de actos, polideportivo, vestiarios, patio, xardín,[2] (cunha gran variedade de especies autóctonas e foráneas)[3], aparcadoiro, biblioteca (con máis de 15.500 volumes),[4] cafetería, sala de profesores, sala de reunións, aulas regulares, aula de música, aulas de informática e laboratorios.

Profesorado[editar | editar a fonte]

O centro ten un cadro de persoal con 63 profesores, repartidos en 18 departamentos: ciencias naturais, economía, filosofía, física e química, francés, grego, inglés, latín, lingua castelá, lingua galega, matemáticas, música, orientación, plástica, relixión, tecnoloxía, xeografía e historia e ed. física. Sen esquecerse dos profesores especializados en audición e linguaxe (A.L) e psicopedagoxía terapéutica (P.T), o persoal non docente (servizos de limpeza, administración e conserxería) e o equipo directivo formado pola secretaría, xefatura de estudos e dirección.

Directores[5]

Dende a súa inauguración no ano 1966, tivo sete directores:

  • 1966-1967: José Nieto Noya (catedrático de grego). Cesou a súa actividade e muda a inspector.
  • 1966-1967: Agapita Serrano (catedrática de Lalín).
  • 1967-1972: Manual Albendea (catedrático de filosofía).
  • 1972-1984: Carlos Criado Martín (catedrático de física e química).
  • 1984-2012: José Luis Díaz Leyes (catedrático de matemáticas).
  • 2012-2017: Soidade do Muíño Cid (profesora de lingua galega).
  • 2017- en adiante: Carlos Ferreiro García (profesor de matemáticas).

Proxectos[editar | editar a fonte]

Este instituto é moi prolifero en canto a promoción da lingua participando en varios certames de poesía, novela e narrativa. Destacan os Premios Literarios Minerva e os Premios Rosa Gómez. Tampouco deixa de promover a dramaturxia e os grupos teatrais participaron ao longo dos anos en representación importantes coma o MOTECES. O centro da a posibilidade de practicar deportes coma o baloncesto ou o bádminton. Ten un convenio coa escola oficial de idiomas[6] e presta as súas instalacións para o ensino de diversos idiomas na zona da ponte. As diversas actividades extraescolares e as numerosas excursións son seguidas activamente pola ANPA.

Conta con programas de voluntariado, coma o da biblioteca promovido pola Xunta de Galicia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]