Iñaki Ruiz de Pinedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Iñaki Ruiz de Pinedo
Nacemento23 de xullo de 1954
 Vitoria
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Deusto
Ocupaciónpolítico, sociólogo e catedrático de universidade
editar datos en Wikidata ]

Iñaki Ruiz de Pinedo Undiano, nado en Vitoria en 1954, é un sociólogo e político de ideoloxía independentista vasca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesor de socioloxía na Universidade do País Vasco, na súa mocidade militou no Partido Nacionalista Vasco, pero abandonouno durante a Transición para ser un dos fundadores en 1977 do partido HASI, que en 1978 se integrou en Herri Batasuna.

Ruiz de Pinedo foi elixido parlamentario vasco por Áraba na candidatura de Herri Batasuna durante 4 eleccións autonómicas consecutivas, estando no cargo de parlamentario entre 1980 e 1994, aínda que só acudiu ás sesións parlamentarias a partir de 1987, do mesmo xeito que os seus compañeiros de coalición. Entre 1987[1] e 1994 foi o voceiro da coalición abertzale no Parlamento Vasco.

En 1981 foi detido xunto con Jokin Gorostidi, Miguel Castells e outros cargos electos de HB por cantar o Eusko Gudariak durante unha alocución do rei Xoán Carlos I na Casa de Xuntas de Gernika. En 1983, foi detido, xunto con Jon Idigoras, despois dun faladoiro nos almorzos do Ritz, acusados ambos de lexitimar a loita de ETA.[2]

Foi membro da Mesa Nacional (dirección colexiada) de Herri Batasuna entre 1982 e 1996, cando a abandonou ó ser discrepante coa liña maioritaria de HB. Iso afastouno momentaneamente da política.

Volveu á primeira liña política coa formación da coalición abertzale Euskal Herritarrok en 1998, ocupando postos nas candidaturas de EH por Áraba ó Parlamento Vasco (sen saír elixido) e sendo candidato de EH á alcaldía de Vitoria.[3] Saíu elixido concelleiro en Vitoria en 1999. Dimitiu deste posto a finais de 2000, en desacordo coa liña de actuación de EH tras a ruptura da tregua de ETA de 1998.[4][5]

Dende o ano 2000 mantívose afastado da primeira liña da política, ata que en 2019 retornou, presentándose ao Congreso dos Deputados pola candidatura de EH Bildu, conseguindo acta de deputado por Áraba.[6]

Notas[editar | editar a fonte]