Hypsiboas punctatus
Hypsiboas punctatus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Hypsiboas punctatus (Schneider, 1799) |
A Hypsiboas punctatus é unha especie de anfibio da familia dos hílidos. Habita na Arxentina, en Bolivia, no Brasil, en Colombia, en Ecuador, na Güiana Francesa, en Paraguai, no Perú, en Suriname, en Trinidad e Tobago e en Venezuela.
Os seus hábitats naturais inclúen bosques tropicais ou subtropicais secos, pantanos tropicais ou subtropicais, montanos húmidos, pantanos, marismas de auga doce, correntes intermitentes de auga, xardíns rurais, áreas urbanas e zonas previamente boscosas agora moi degradadas A súa supervivencia non está en perigo segundo a IUCN.
Pigmentación e fluorescencia da pel
[editar | editar a fonte]Unha ra atopada na Provincia de Santa Fe, na Arxentina por Taboada et al (2017)[1] é o primeiro anfibio terrestre, entre máis de 5 000 especies de ra, identificado como fluorescente natural.[2][3]
Cando se expoñen a unha luz ultravioleta, a pel destas ras emite unha reflexo fluorescente verde claro. O descubrimento foi feito por casualidade cando os investigadores comprobaban as secrecións da pel da ra baixo luz UV. A reacción agardada era unha fluorescencia vermella tenua, xa que a pel da ra contén biliverdina, un pigmento de tetrapirrol da bile responsable da súa cor ver e marrón.[4] Esta sorprendente fluorescencia verde atribúese ós compoñentes de hyloin, principalmente hyloin-L1, hyloin-L2 e hyloin-G1.[1][2] Estas moléculas fluorescentes, da familia dos dihydroisoquinolinones e derivadas da isoquinolina (un anel de benceno fusionado cun anel de piridina), nunha membrana mucosa protectora de alcaloides, foron identificados no tecido linfar, na pel e nas secrecións glandulares da ra.
Segundo Taboada e os seus colaboradores, a intensidade da fluorescencia representa entre o 18 e o 29% da luminosidade en condicións entre lusco e fusco, e crese que xoga un papel importante na comunicación, camuflaxe e reprodución da especie.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Taboada, Carlos; Brunetti, Andrés E.; Pedron, Federico N.; Neto, Fausto Carnevale; Estrin, Darío A.; Bari, Sara E.; Chemes, Lucía B.; Lopes, Norberto Peporine; Lagorio, María G.; Faivovich, Julián (13 de marzo de 2017). "Naturally occurring fluorescence in frogs". Proceedings of the National Academy of Sciences: 201701053. ISSN 0027-8424. PMID 28289227. doi:10.1073/pnas.1701053114. Consultado o 19 de marzo de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Nowogrodzki, Anna (16 de marzo de 2017). "First fluorescent frog found". Nature News 543 (7645): 297. doi:10.1038/nature.2017.21616. Consultado o 19 de marzo de 2017.
- ↑ Wong, Sam (13 de marzo de 2017). New Scientist, ed. "Luminous frog is the first known naturally fluorescent amphibian". Consultado o 19 de marzo de 2017.
- ↑ Livsey, Anna (14 de marzo de 2017). The Guardian, ed. "World's first fluorescent frog discovered in South America". ISSN 0261-3077. Consultado o 19 de marzo de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hypsiboas punctatus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- La Marca, E., Scott, N., Aquino, L., Azevedo-Ramos, C., Coloma, L.A., Ron, S., Faivovich, J., Baldo, D. & Hardy, J. 2004. Hypsiboas punctatus. 2006 IUCN Red List of Threatened Species. Consultado o 12 de febreiro de 2022.