Hypositta corallirostris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hypositta»)

Hypositta corallirostris
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Vangidae
Xénero: Hypositta
A. Newton, 1881
Especie: H. corallirostris
Nome binomial
Hypositta corallirostris
(A. Newton, 1863)

Hypositta corallirostris, xeralmente chamado vanga gabeador, é unha especie de ave paseriforme da familia Vangidae endémica de Madagascar. Os seus hábitats naturais son as selvas de terras baixas e bosques húmidos.

Descrición[editar | editar a fonte]

Un vanga gabeador pousado nunha árbore.

É un paxaro pequeno que mide entre 13 e 14 cm.[2] A plumaxe do macho é de cor azul agrisada uniforme, agás o lorum e a base do peteiro, que son negros, en contraste co peteiro vermello intenso. Ao contrario, a femia ten as partes inferiores e a cabeza de tons pardo oliváceos, e as súas partes superiores son máis agrisadas que as dos machos. Os ollos de ambos os sexos son pardos escuros, e as súas patas agrisadas teñen dedas longas con grandes uñas curvadas que usan para agarrarse aos troncos das árbores.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita por Alfred Newton en 1863 como Hypherpes corallirostris,[3] e en 1881 foi trasladada ao seu actual xénero, Hypositta, tamén creado por Newton porque Hypherpes fora asignado con anterioridade para clasificar escaravellos. Hypositta é un xénero monotípico clasificado dentro da familia Vangidae.

En 1996 engadiuse unha suposta nova especie ao xénero, Hypositta perdita, pero estudos xenéticos realizados en 2013 demostraron que os exemplares cos que fora definida eran en realidade xuvenís de Oxylabes madagascariensis cun morfo de cor rara,[4] polo que Hypositta corallirostris volveu quedar como único integrante do xénero.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Encóntrase unicamente nos bosques tropicais do leste de Madagascar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012). "Hypositta corallirostris". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 21 de outubro de 2013. 
  2. Langrand O. (1995) Guide des Oiseaux de Madagascar. Delachaux & Niestlé, Lausanne. París, p. 415 ISBN 2603009990
  3. Proceedings of the Zoological Society of London. 1863. Pt1 p.85
  4. Fjeldså, Mayr, Jønsson & Irestedt 2013. On the true identity of Bluntschli's Vanga Hypositta perdita Peters, 1996, a presumed extinct species of Vangidae. Bull. BOC 133 (1): 72–75.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]