Hortense Fiquet
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Marie-Hortense Fiquet 22 de abril de 1850 Saligney, Francia |
Morte | 1922 (71/72 anos) París, Francia |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise, 90 Grave of Cézanne (en) |
Actividade | |
Ocupación | modelo artístico, encadernadora (pt) , libreira, modelo |
Empregador | Académie Suisse (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Paul Cézanne (1886–valor descoñecido) |
Fillos | Paul Cézanne |
Cronoloxía | |
28 de abril de 1886 | Voda |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Marie-Hortense Fiquet, nada en Saligney (Distrito de Dole, no departamento de Jura) o 22 de abril de 1850[1] e finada en 1922, foi a compañeira, máis tarde dona e musa, de Paul Cézanne, pintor posimpresionista do século XIX e comezos do XX.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cando Cézanne a coñeceu, ela traballaba como libreira. En 1870, Hortense viaxou co artista a L'Estaque, para evitar que fose recrutado. Tiveron un fillo chamado Paul en 1872. Despois trasladáronse co seu fillo a Auvers-sur-Oise. Durante anos, a relación ocultouse ao pai de Cézanne. Non casaron ata 28 de abril de 1886 en Aix-en-Provence. As relacións posteriores entre o artista e a súa muller foron difíciles, e co tempo ela marchou a París.
O irmán de Hortense tiña unha casa dende a que se vía a montaña Sainte-Victoire en L'Estaque, monte que lle impresionou e fíxose o tema de numerosos cadros de madurez.
As dificultades financeiras fixeron que volvesen á Provenza, pero permaneceron en habitacións separadas. A diabetes do pintor, diagnosticada en 1890, provocou comportamentos que afectaron ao seu matrimonio. A morte da nai do pintor, en 1897, permitiulle reconciliarse coa súa muller, aínda que a súa relación seguiu sendo tormentosa.
En 1902, fixo un borrador de testamento excluíndo á súa dona da súa herdanza e deixándollo todo ao seu fillo. Aparentemente a relación estaba de novo rota; dise que ela queimou os recordos da súa nai.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Referencia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de decembro de 2008. Consultado o 01 de marzo de 2009.