Hora punta (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hora punta
Ficha técnica
Título orixinalRush Hour
DirectorBrett Ratner
ProdutorRoger Birnbaum
Jonathan Glickman
Athur M. Sarkissian
GuiónJim Kouf, sobre unha historia orixinal de Ross LaManna
IntérpretesJackie Chan
Chris Tucker
Tom Wilkinson
Philip Baker Hall
Mark Rolston
Tzi Ma
Rex Linn
Ken Leung
Chris Penn
Elizabeth Pena
Clifton Powell
Julia Hsu
MúsicaLalo Schifrin
Ira Hearshen
FotografíaAdam Greenberg
MontaxeMark Helfrich
DistribuidoraNew Line Cinema
Estrea 18 de setembro de 1998
Galicia 29 de outubro de 2011 (TVG)
Duración97 minutos
OrixeEstados Unidos
XéneroAcción
Orzamento35 millóns de dólares
Filme seguinteRush Hour 2 (2001)
Na rede
IMDB: tt0120812 Filmaffinity: 326630 Allocine: 15067 Rottentomatoes: m/rush_hour Mojo: rushhour Allmovie: v173501 TCM: 327354 Metacritic: movie/rush-hour TV.com: movies/rush-hour Netlix: 17236928Editar o valor em Wikidata

Hora punta (en inglés: Rush Hour) é un filme de 1998 de acción dirixido por Brett Ratner e que ten como protagonistas a Jackie Chan e a Chris Tucker. Estreouse en galego na TVG o 29 de outubro de 2011.[1]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Un grupo de mafiosos comandados por Juntao (Tom Wilkinson) tentan contrabandear pezas importantes da cultura chinesa, mais non o dan conseguido grazas ao inspector Lee (Jackie Chan) en Hong Kong. O cónsul Han (Tzi Ma), un vello amigo de Lee, mudarase a vivir aos Ánxeles para traballar de diplomático. Alí, Juntao planea unha vinganza e secuestra a filla do cónsul, e este, que non confía totalmente no FBI, chama o inspector Lee para axudar na misión de rescatar a súa filla. A policía dos Ánxeles non cren que o detective Lee lles vaia axudar en nada, polo que o poñen ao cargo dun detective medio rebelde e panoco, James Carter (Chris Tucker). Despois de descubrir as intencións do FBI de arredalos da investigación, James e Lee póñense a buscar seriamente á cativa secuestrada.

Secuelas[editar | editar a fonte]

Unha secuela, Hora punta 2, foi feita no 2001, principalmente ambientada en Hong Kong. Unha terceira película, Hora punta 3, estreouse no 2007, a cal se ambientou principalmente en París.

Falouse de facer unha cuarta película ambienta en Moscova.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hora Punta na TVG". Diario Siglo XXI. 27 de outubro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 12 de outubro de 2013. 
  2. "'Rush Hour 4' is Set in Moscow". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2008. Consultado o 08 de decembro de 2009.