Honorato López Ventín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cabezo II
Información persoal
Nome completo Honorato López Ventín
Nacemento 4 de marzo de 1914
Lugar Redondela, Galicia
Posición Porteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1934–1935 Eiriña
1940–1941 Zaragoza 13
1941–1942 Deportivo da Coruña
1942–1943 Betis 16
1943–1944 Celta de Vigo
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Honorato López Ventín, nado en Cesantes (Redondela) o 4 de marzo de 1914, foi un futbolista galego, máis coñecido como Cabezo II. Xogaba na demarcación de gardameta. Foi irmán do tamén futbolista Rafael López Ventín.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou xogando de dianteiro pero unha lesión de menisco obrigouno a pasar á portería para xogar de gardameta. A súa traxectoria profesional comeza no Eiriña CF de Pontevedra na tempada 1934-35. Despois da Guerra Civil Española debutou en Primeira División co Real Zaragoza disputando 13 encontros. A tempada seguinte volve a Galicia para xogar no Deportivo da Coruña en Segunda División.

En outubro de 1942 deixa o Deportivo para fichar polo Real Betis, que descendería a Segunda esa mesma tempada co concurso de Cabezo en 16 encontros. Na tempada 1944-45 a directiva do Celta de Vigo, recen descendido a Segunda División, fixo un gran esforzo con colaboración da industria e comercio da cidade para reforzar a portería con Hernández e Cabezo. Pese a alternarse os primeiros encontros entre as dúas fichaches a chegada de Gonzalo Marzá relegounos aos dous á suplencia.

Porén xogaría o decisivo encontro contra o Cultural Leonesa no que o Celta se asegurou disputar a promoción que o levaría de novo a Primeira División. Sería o seu último encontro co Celta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]