Saltar ao contido

Holismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Holismo
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Oposto a
Identificadores
Freebase/m/01d8f7 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC20155586 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Enciclopedia Galega Universal: 135588
Wikidata C:Commons

Holismo (grego holos, todo) é a idea de que as propiedades dun sistema, xa sexa biolóxico, químico ou calquera outro, non poden ser determinadas nin explicadas só en base á suma dos seus compoñentes, senón que o sistema posúe propiedades emerxentes, propias, que o fan comportarse dun xeito distinto da suma das súas partes.

A terra é o que mellor representa o todo que é a principal idea do Holismo

A palabra foi acuñada por Jan Smuts, primeiro ministro da Suráfrica, no seu libro de 1926, Holism and Evolution, que así a definiu: "A tendencia da Natureza a formar, a través de evolución creativa, "todos" que son maiores do que a suma das súas partes". A palabra provén do grego holos, "totalidade".

É tamén chamado non reducionismo, por ser o oposto do reducionismo, implica unha visión sistémica. Podería verse tamén como o oposto do atomismo ou inclusive do materialismo. Ve o mundo como un todo integrado, como un organismo.

Aínda que ao longo da Historia se teña expresado por diversos pensadores, dunha forma ou doutra, o principio do holismo, o primeiro filósofo que o instituíu para a ciencia foi o francés Augusto Comte (1798-1857), ao afirmar a importancia do espírito de conxunto (ou de síntese) sobre o espírito de detalles (ou de análise) para unha comprensión adecuada da ciencia en si e do seu valor para o conxunto da existencia humana.

Holismo en ética ambiental

[editar | editar a fonte]

Dentro das éticas ambientáis, o holismo adoita ser unha das posicións máis características. Un argumento común entre o destas posicións é o de que se debe evitar a desaparición de diferentes especies dado que estas teñen un valor moralmente considerable como entidades.

Este tipo de enfoques sosteñen que a consideración moral non debe limitarse unicamente a individuos concretos, senón que pode estenderse tamén a entidades colectivas. Así, especies ou ecosistemas poden ser entendidos como algo máis que simples agregados de individuos, adquirindo relevancia moral polo mero feito de ser totalidades, ademais de contar cunha certa continuidade no tempo. A desaparición dunha especie non sería, neste sentido, unicamente a perda dun número elevado de seres vivos, senón que tamén a eliminación dun tipo determinado de entidade natural. O holismo adoita ir acompañado dunha concepción impersonal do valor, segundo a cal algo pode ser moralmente relevante sen ser valioso para alguén en concreto.[1]

Ecocentrismo

[editar | editar a fonte]

Unha das posicións holistas con maior recoñecemento xeral é o ecocentrismo. Segundo este, as entidades moralmente considerables son os ecosistemas, conxuntos de relacións ecosistémicas e conxuntos de entidades vivas. Precisamente este tipo de teorías éticas están necesariamente en contra da intervención no mundo natural (ecosistemas) para beneficiar a individuos concretos. Dende unha perspectiva ecocentrista, o foco da avaliación moral sitúase no estado xeral do ecosistema e non no que ocorre cos organismos individuais que o compoñen. O que resulta relevante é a conservación das relacións ecolóxicas, da estrutura do sistema e da súa continuidade no tempo. Por este motivo, o dano que poidan sufrir individuos concretos non é considerado, en si mesmo, moralmente problemático, sempre que non comprometa o equilibrio ou a estabilidade dun conxunto.

Isto tradúcese nunha actitude xeralmente crítica fronte á intervención humana nos procesos naturais, especialmente cando esta se realiza co obxectivo de reducir o sufrimento de individuos particulares. Intervir para alimentar animais salvaxes, tratar enfermidades ou evitar a depredación pode ser visto como unha alteración indebida do funcionamento natural dos ecosistemas. Desde o ecocentrismo, estes procesos naturais son aceptados como parte do sistema e non como algo que deba ser corrixido en función dos intereses dos individuos afectados.

Non obstante, o ecocentrismo tamén presenta dificultades importantes. En particular, permite xustificar o sacrificio masivo de individuos, incluídos seres humanos, cando isto se considera necesario para preservar o ecosistema. Isto entra en tensión con intuicións morais moi estendidas, segundo as cales son os individuos, e non os conxuntos, os que deberían ser obxecto principal de consideración moral. Esta tensión entre o valor do todo e o valor das partes constitúe un dos conflitos centrais entre a ética ambiental holista e as posicións centradas na sintiencia, e segue a ser un dos debates máis relevantes dentro da ética ambiental contemporánea.

  1. O´Farrill, Zoraida Enríquez; Borjas Borjas, Francisco (2014-03). "Vida, saber y bioética". Revista Cubana de Oftalmología 27 (1): 148–154. ISSN 0864-2176. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre filosofía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.