Joaquín R. Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joaquín R. Rodríguez
Lugar de nacementoO Porriño
Falecemento6 de agosto de 1952
Lugar de falecementoBuenos Aires
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Joaquín R. Rodríguez, nado no Porriño e finado en Buenos Aires o 6 de agosto de 1952, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou á Arxentina. Foi un dos fundadores da Sociedad Fomento de Porriño y su distrito, da que foi presidente e director do seu boletín. Tamén foi membro da Agrupación Artística Gallega e directivo do Centro Galego de Buenos Aires. Escritor de relatos, colaborou en El Agrario, Correo de Galicia, Vida Gallega e nas revistas arxentinas El Hogar e Novela Semanal. Foi membro da comisión de prensa e secretario xeral do Hogar Gallego e colaborou no seu boletín. Visitou O Porriño en 1933 onde foi obxecto dunha homenaxe organizada pola Federación Municipal Agraria.[1] Finou en Buenos Aires o 6 de agosto de 1952.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Buenos Aires con María Carretero en 1919.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 2-2-1933, p. 12.
  2. El Correo de Galicia, 9-11-1919, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]