Manuel Castro López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Castro López
Manuel Castro López 1926.jpg
Nacemento22 de xullo de 1860
 Lugo
Falecemento25 de xuño de 1926
 Bos Aires
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
CónxuxeRamona de la Peña
Na rede
Galiciana: 11897
editar datos en Wikidata ]

Manuel Castro López, nado en Lugo o 22 de xullo de 1860 e finado en Bos Aires o 25 de xuño de 1926, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Retrato en Vida Gallega, 1910.

Traballou nos Xulgados de Lugo e formou parte da redacción da revista La Juventud Galaica. Militou no Partido Republicano Democrático Federal de Pi i Margall e actuou como secretario na súa Asemblea de Lugo (1887). Fundou o semanario El Ciudadano (1889) e a Asociación de Escritores e Artistas (1891). En 1892 emigrou a Bos Aires onde colaborou e dirixiu El Eco de Galicia e fundou en 1898 Almanaque Gallego. Publicou algúns poemas en galego. Foi nomeado socio de mérito da Liga Gallega (1899) polo seu labor a prol da causa galeguista.

Obras[editar | editar a fonte]

Almanaque Gallego. Ano I, 1898, en pdf.
  • Los jesuitas al desnudo, 1887.
  • Hijos distinguidos de la provincia de Lugo, 1890.
  • Efemérides galaicas, 1891.[1]
  • La Asociación de Escritores y Artistas de Lugo, 1891.
  • Una expedición de La Coruña al Plata en 1526, 1907
  • Un nuevo hijo ilustre de Galicia: Don Juan Alsina, 1908.
  • La ascendencia de Ribadavia, 1919.
  • De mi firma, 1921.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Lugo con Ramona de la Peña Salvador en xullo de 1885.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]