Lago Hjälmar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hjälmaren»)
Lago Hjälmaren
Lago Hjälmaren
PaísSuecia Suecia
Superficie483 km²
Lonxitude63 km
Ancho20 km
Profundidade20 m
Prof. media6,2 m
CidadesÖrebro
Referencia[1]


O lago Hjälmar (en s. Hjälmaren, "O Hjälmar") é o cuarto lago máis grande de Suecia. Está situado nas terras baixas centrais suecas, ao lado do lago Mälaren, a través do que drena as súas augas cara ao mar Báltico ao oeste de Estocolmo. Está conectado ao Mälaren pola canle Hjälmare, unha vía fluvial de 13 quilómetros. O lago limita cos condados de Södermanland, Närke e Västmanland.

O Hjälmaren ten 63 quilómetros de longo e uns 20 de ancho. Ten unha profundidade media de 6,2 metros e unha superficie de 483 km². A cidade de Örebro está situado no extremo occidental do lago.

O rebelde Engelbrekt Engelbrektsson foi asasinado no ano 1436 en Engelbrektsholmen, un illote dentro do lago Hjälmaren.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. SMHI (ed.). "Vattenståndsmätningar i Hjälmaren" (PDF). Archived from the original on 29 de setembro de 2007. Consultado o 19 de xuño de 2018.