Närke
Aparencia
| Símbolo oficial | Primula veris (flores provinciais en Suecia) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | Condado de Örebro | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 219.990 (2020) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 4.122 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
Närke é unha provincia histórica sueca (landskap) no interior da rexión de Svealand. A súa área é de 4 126 km², sendo o landskap máis pequeno da rexión e un dos máis pequenos de Suecia. Närke limita ao suroeste con Västergötland, ao noroeste con Värmland, ao norte con Västmanland, ao leste con Södermanland e ao sueste con Östergötland.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Pénsase que o nome de Närke (Neeric 1165-81) vén da palabra när, que se usa para designar tramos elevados ou estreitos angostos. É a mesma palabra que se atopa no nome Norrbyås (Nerboahs 1275). ”När-” pode referirse á crista onde se atopa a igrexa de Norrbyås. O que significa o resto do nome do lugar non está claro.[1] O landskap noméase no Florenslängden de 1103 na súa forma latina "Nehr".[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Calissendorff, Karin och Larsson, Anna Ortnamn i Närke, 1998, sid. 21-23
- ↑ Lovén, Christian (2020). Florenslängder : den äldsta förteckningen över de svenska stiften. Sverige. pp. 9–12. ISBN 978-91-519-3031-2. OCLC 1237776663.
