Historia Compostelá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Historia Compostelana")

"Os aragoneses entregan o castelo á raiña. Ouh!, canta e que excelente gloria militar proporcionou aos galegos aquel dia en que o Batallador aragonés se retirou ante eles!. Pero moito mais excelente e máis alegre foi cando a valerosa forza de Galicia protexeu a Castela e aos seus cabaleiros do ataque dos inimigos e obrigou a entregar o castelo do aragonés. Ouh vergoña!, os casteláns precisan forzas alleas e son protexidos pola audacia dos galegos!. Qué será deses covardes cabaleiros cando se marche o exercito de Galicia, o seu escudo e protección?."

(Extracto da Historia Compostelá, Libro I, Capítulo 90).

De rebus gestis D. Didaci Gelmirez, primi Compostellani Archiepiscopi, Historia Compostellana ou Historia Compostelá é unha obra latina escrita a partir de 1109 dentro do círculo do primeiro bispo e despois, a partir do ano 1120, arcebispo de Santiago de Compostela Diego Xelmírez.

Descrición[editar | editar a fonte]

A finalidade da obra é rexistrar os feitos realizados por Xelmírez para engrandecer a sé apostólica e dá unha perspectiva dende Galicia dos sucesos que acontecen no seu tempo, constituíndo deste xeito unha fonte historiográfica de gran valor ao incluír documentos históricos no propio texto.

A Historia Compostellana abrangue entre os anos 1100 e 1139 e contense en tres libros, o primeiro redactor foi Nuno Afonso, cóengo da catedral de Santiago, que comezou o traballo logo da morte do rei Afonso VI (1109), aínda que contou con varios colaboradores, principalmente Hugo (cóengo compostelán que sería bispo do Porto, de orixe francesa) e Xiraldo de Beauvais, amigos persoais de Xelmírez. Xiraldo escribíu a maior parte da historia, continuando o labor a partir do ano 1120. Outros colaboradores foron Pedro Anaia e posibelmente, Rainerio o magister.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Reilly, Bernard F. "The 'Historia Compostelana: The Genesis and Composition of a Twelfth-Century Spanish 'Gesta," in Speculum 44 (1969): pp 78-85.