Conversa:Historia compostellana

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Historia compostellana[editar a fonte]

Entendo eu que o nome máis acaído, na forma orixinal latina, é o que agora está como entrada principal: Historia compostellana. Por outra banda, pode quedar como redirección Historia compostelana (apoiada na referencia da tradución posterior ao castelán), pero iso non impide que no caso de haber unha tradución suxerida (non publicada con data de hoxe), esta debería levar a forma galega Historia compostelá, que polo tanto igualmente cabería incluír como redirección. Alguén que poida confirmalo? Grazas. --Atobar (conversa comigo) 21 de marzo de 2021 ás 18:43 (UTC)[responder]

  • Aínda que non hai tradución galega da obra, si hai unha tradución dun estudo de Claudio Sánchez Albornoz co título de Ante a Historia compostelá[1] obra de Mª Fe González Fernández e que se publicou en 2010. Penso que a referencia é relevante para que esa forma estea como redirección--HacheDous=0 (conversa) 21 de marzo de 2021 ás 20:53 (UTC)[responder]
O que eliminei do cabezallo é a forma Historia compostelana xa que non é título orixinal e só as formas orixinais e as galegas teñen sentido nun cabezallo.--HacheDous=0 (conversa) 21 de marzo de 2021 ás 20:56 (UTC)[responder]
Moi ben. Moitas grazas, HacheDous=0. Dúbida resolta. --Atobar (conversa comigo) 22 de marzo de 2021 ás 10:39 (UTC)[responder]