Saltar ao contido

Hipopótamo anano de Chipre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hipopótamo anano de Chipre
Rango fósil: Plistoceno a Holoceno

Esqueleto de H. minor
Estado de conservación

Extinto
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Hippopotamidae
Xénero: Hippopotamus
Especie: H. minor
Nome binomial
Hippopotamus minor
Desmarest, 1822[1]

O hipopótamo anano de Chipre (Hippopotamus minor) é unha especie extinta de hipopótamo que habitou a illa de Chipre até comezos do Holoceno. Con 200 quilogramos de peso, esta especie tiña case o mesmo tamaño que o hipopótamo anano, pero ó contrario que o anano, o anano de Chipre fíxose pequeno a través dun proceso de ananismo insular. Este mesmo proceso é o causante do ananismo doutras especies como os elefantes ananos, o mamut anano ou o Homo floresiensis. O animal tiña unha altura estimada de 76 cm e 121 cm de longo.[2]

  1. · Desmarest, A.G., 1822. Mammalogie ou description des espèces de mammifères. Mme Veuve Agasse imprimeur édit., París, 2ème part., pp.277-555.
  2. Hadjicostis, Menelaos (6 de decembro de 2007). Fox Television, ed. "Dwarf Hippo Fossils Found on Cyprus". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2009. Consultado o 6 de decembro de 2007.