Miguel Cuellas Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Miguel Cuellas Gómez
AlcumeArtillero
Nacemento1912
Lugar de nacementoColumbrianos
Falecemento5 de xuño de 1945
Lugar de falecementoColumbrianos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Miguel Cuellas Gómez, coñecido como Artillero, nado en Columbrianos (Ponferrada) en 1912 e finado no mesmo lugar o 5 de xuño de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 conseguiu fuxir e participou na defensa de Asturias na II Batería de Obuses.[1] No congreso de Ferradillo no que se fundou a Federación de Guerrillas de León-Galicia en abril de 1942, foi designado responsable da I Agrupación con Hilario Álvarez Méndez. Operaban na área delimitada ao este polo río Sil e ao norte con Ponferrada, Astorga e Bembibre. Integrouse no grupo de Marcelino de la Parra. Traizoado por un oficial de enlace, foi asasinado o 5 de xuño de 1945 xunto cos seus compañeiros Robustiano Arias Carujo e Manuel Moreno Casado e os enlaces Catalina Martínez Núñez e Pedro García Tirado, cando foron localizados pola Garda Civil en Columbrianos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]