Hidróxido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Anión hidróxido.
Gráfico do anión hidróxido.

Os hidróxidos[1] son un grupo de compostos químicos formados por un metal e un ou varios anións hidroxilos. O hidróxido, combinación que deriva da auga por substitución dun dos seus átomos de hidróxeno por un metal, está presente en moitas bases. Non debe confundirse cun hidroxilo, o grupo OH formado por un átomo de osíxeno e outro de hidróxeno, característico dos alcois e fenois. Antigamente os hidróxidos dos metais alcalinos e do amonio eran coñecidos co nome de álcalis, pero este termo tras a implantación da nomenclatura moderna úsase máis para denominar a calquera substancia que presenta carácter alcalino.

Formulación[editar | editar a fonte]

Os hidróxidos formúlanse escribindo o metal seguido do grupo dependente coa base dun ión de radical adecuado con hidroxilo; este vai entre paréntese se o subíndice é maior de un. Noméanse utilizando a palabra hidróxido seguida do nome do metal, con indicación da súa valencia, se tivese máis dunha. Por exemplo, o Ni(OH)2 é o hidróxido de níquel(II) e o Ca(OH)2 é o hidróxido de calcio (véxase nomenclatura química).

As disolucións acuosas dos hidróxidos teñen carácter básico, xa que estes se disocian no catión metálico e os ións hidróxido. Isto é así porque o enlace entre o metal e o grupo hidróxido é de tipo iónico, mentres que o enlace entre o osíxeno e o hidróxeno é covalente. Por exemplo:

NaOH(aq) → Na+(aq) + OH-

Os hidróxidos resultan da combinación dun óxido básico coa auga. Os hidróxidos tamén se coñecen co nome de bases. Estes compostos son substancias que en solución producen ións hidroxilo.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Na clasificación mineralóxica de Strunz englóbanse dentro do grupo dos óxidos, aínda que hai bibliografías que os tratan como un grupo á parte.

Os hidróxidos clasifícanse en básicos, anfóteros e ácidos. Por exemplo, o Zn(OH)2 é un hidróxido anfótero xa que:

  • con ácidos: Zn(OH)2 + 2H+ → Zn2+ + 2H2O
  • con bases: Zn(OH)2 + 2OH → [Zn(OH)4]2−

Nomenclatura[editar | editar a fonte]

Son, pois, compostos ternarios formados por un elemento metálico, osíxeno e hidróxeno (estes dous últimos elementos forman un grupo chamado oxhidrilo ou hidroxilo). Exemplos:

  • NaOH Hidróxido de sodio
  • CuOH Hidróxido cuproso (terminación "oso" para a menor valencia do metal)
  • Cu(OH)2 Hidróxido cúprico (terminación "ico" para a maior valencia do metal)

Tamén hai outra nomenclatura: numerais de stock

  • CuOH Hidróxido de cobre(I)
  • Cu(OH)2 Hidróxido de cobre(II)
  • Fe(OH)3 Hidróxido de ferro(III)

Débese buscar a valencia dos elementos na táboa periódica. É o número que hai que pór entre paréntese.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Hidróxido.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Holleman, A.F.; Wiberg, E.; Wiberg, N. (2001). Inorganic Chemistry. Academic press. ISBN 0-12-352651-5. , (en inglés).
  • Shriver, D.F; Atkins, P.W (1999). Inorganic Chemistry (3rd ed.). Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-850330-X. , (en inglés).
  • Wells, A.F (1962). Structural Inorganic Chemistry (3rd. ed.). Oxford: Clarendon Press. ISBN 0-19-855125-8. , (en inglés).

Outros artigos[editar | editar a fonte]