Jarrai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jarrai
Logo
Tipojuventude partidária
IdeoloxíaNacionalismo vasco, Marxismo, socialismo revolucionário e Independencia
Data de fundación6 de maio de 1979
Data de disolución2000
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Jarrai (Continuar, en éuscaro) foi unha organización xuvenil de carácter político. Estabelecida en Euskadi e Navarra, foi fundada o 6 de maio de 1979. Definíase como unha organización xuvenil, abertzale, socialista e autónoma. Creada en orixe como a organización xuvenil da Koordinadora Abertzale Sozialista (KAS), inicialmente denominouse Mocidades KAS. Dentro das organizacións xuvenís abertzales foi precedida por Euskadiko Gaztedi Abertzaleen Mugimendua (EGAM) en 1976 e Gazteria Abertzale Iraultzailea (GAI) en 1977. En 2000 fusionouse con Gazteriak (organización activa en Iparralde) e pasou a chamarse Haika. En 2007 foi declarada ilegal en España pola súa vinculación a ETA.

Ideoloxía[editar | editar a fonte]

Trala súa constitución en 1979, Jarrai converteuse nunha das principais referencias no movemento xuvenil vasco. A súa traxectoria inscribíase no proceso de «construción nacional» para Euskal Herria. Os seus obxectivos abranguían a independencia e o socialismo, e reivindicacións colectivas como o dereito de autodeterminación, a integridade territorial e a promoción e protección da lingua éuscara. Canto á mocidade, Jarrai reivindicaba o dereito a vivenda e traballo dignos, a estudar en éuscaro e a que a opinión da mocidade tivese transcendencia social, entre outras cuestións.

Ilegalización[editar | editar a fonte]

O Tribunal Supremo de España declarouna «organización terrorista» vinculada a ETA o 19 de xaneiro de 2007.[1][2] A sentenza do alto tribunal corrixía a da Audiencia Nacional de xuño de 2005, que considerara a organización como «asociación ilícita».[3] A cualificación de "terrorista" a esta organización daba continuidade á ilegalización de todas as organizacións da esquerda abertzale que non rexeitasen a violencia de ETA, ao seren declaradas pola xustiza como parte da contorna da banda.

A decisión do Tribunal Supremo foi duramente criticada por amplos sectores da esquerda abertzale. Consideraban que:

  • Non se demostrara a relación directa entre ETA e Jarrai, como tampouco se demostrara que Jarrai controlase a denominada kale borroka (loita na rúa). Con todo, o Tribunal Supremo considerou que as probas eran suficientes para ditar a súa resolución.
  • Jarrai non podía ser unha "banda armada" sen armas. Porén, o Tribunal Supremo argumentou que utilizaban artefactos caseiros, como cócteles molotov ou foguetes con punta metálica.[1][2]

O 4 de febreiro de 2007 entregáronse á Ertzaintza 18 dos 19 membros de Jarrai, Haika e Segi prófugos da xustiza desde a declaración do Tribunal Supremo. Sucedeu despois dun acto celebrado no Frontón da Esperanza de Bilbao.[4]

Ver tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 El Supremo establece que Jarrai es una organización terrorista, El Mundo, 20 de enero de 2007.
  2. 2,0 2,1 El Supremo enmienda a la Audiencia Nacional y considera terroristas a Jarrai-Haika-Segi, Noticias de Navarra, 20 de enero de 2007.
  3. «aun cuando tuvieran por sí mismas una finalidad ideológicamente próxima a la que, con su actividad armada, persigue la organización terrorista ETA, desplegaban actuaciones -además de las legítimas- que nunca se enmarcaban en la utilización de las armas» (Sentencia Audiencia Nacional de 2005)
  4. Ingresan en la cárcel de Basauri los 18 prófugos de Jarrai detenidos hoy por la Ertzaintza, 20 minutos, 4 de febrero de 2007.