Herodes Agripa II
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 27 Roma |
| Morte | 100 Roma |
| Lugar de sepultura | Xudea |
| Rei | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Xudaísmo |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Período | Alto Imperio Romano |
| Outro | |
| Título | Rei |
| Familia | Herodian dynasty (en) |
| Pais | Herodes Agripa I |
| Irmáns | Berenice Drusila Mariamne Drusus |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Agripa II, nado en 27 e finado en 100, chamado orixinalmente Marco Xulio Agripa (en latín Marcus Iulius Agrippa) foi un antigo gobernante de Xudea durante a época do dominio romano[1][2].

Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bisneto de Herodes o Grande, e fillo de Herodes Agripa I que fora rei de Xudea até a súa morte no 44 (mencionada no Novo Testamento[3]) Agripa II criouse na corte do emperador Claudio, pero debido a que tiña só dezasete anos cando morreu o seu pai, non lle deron o reino que este tiña. Máis tarde, cando morreu o seu tío, o rei Herodes de Calcis, déronlle o seu principado[4]. O rei Herodes de Calcis casou coa irmá de Agripa II, Berenice. Máis tarde Claudio deulle a Agripa II a responsabilidade de nomear ao sumo sacerdote dos xudeus, e cambiou Calcis por algúns principados na Palestina do norte. Agripa II tamén recibiu o título de rei.
Para os lectores do Novo Testamento este rei é máis coñecido polo seu encontro con Paulo[5], a quen recoñeceu estar a piques de facelo cristián, de non ser polas presións políticas e familiares.
En escavacións recentes nos cimentos do Muro das Lamentacións atopáronse moedas acuñadas por Agripa II. Os arqueólogos Ronni Reich e Eli Shukrun conclúen que o muro foi construído por Agripa II, non polo seu avó Herodes o Grande como se cría até o momento.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rajak, Tessa (1996). "Iulius Agrippa (2) II, Marcus". Oxford Classical Dictionary. Oxford: Oxford University Press.
- ↑ Chisholm, Hugh, ed. (1911). "cómpre nome do artigo". Encyclopædia Britannica (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés).
- ↑ Feitos dos Apóstolos, 12
- ↑ Agrippa II na jewishencyclopedia.
- ↑ Feitos 25.13-26.32
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Herodes Agripa II |