Saltar ao contido

Heroína (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Heroína
Ficha técnica
Título orixinalHeroína
DirectorGerardo Herrero
ProdutorTornasol Films
GuiónÁngeles González-Sinde
IntérpretesAdriana Ozores, Javier Pereira, Carlos Blanco, María Bouzas, Mercedes Castro, Rosa Álvarez, Miguel Borines, Camila Bossa, Miguel Bua, César Cambeiro, Tamara Canosa, Estela Freire, Luís Iglesia, Luísa Merelas, Jacobo Prieto, Mario Roldán, Carlos Sante, Laura Silva, Lois Soaxe, Alfonso Agra, Benito Alonso, Tomás Alonso Rodríguez, Mayka Braña, Alberte Cabarcos, Tirso do Campo, Paco Campos, María Castro, Miguel Condal, Santi Cortegoso, Suso Cortegoso, Daniel Currás, Santiago Fernández, Alejandro Garrido, Andrés Giráldez, Avelino González, Luís Iglesia, Juan Juste, Isabel López, Vicente Montoto, Pablo Moreiras, Fran Paredes, Cándido Pazó, Pablo Puga, Salvador del Río, Carlos Rodríguez, Gloria San Pedro, Ana Santos, Paulo Serantes, Pepo Suevos, Tanas, Jorge Torres, Antonio Travieso, Nuncy Valcárcel, Víctor Vázquez, Marcos Vieitez, Mundo Villalustre
MúsicaLucio Godoy
FotografíaAlfredo Mayo
Estrea6 de maio de 2005
Duración110 min.
OrixeEspaña España
Xénerodrama
Na rede
IMDB: tt0436385 Filmaffinity: 107377 Rottentomatoes: m/heroina Allmovie: v389187 TCM: 886168 TV.com: movies/heroina Editar o valor en Wikidata

Heroína é unha película de Gerardo Herrero, coprodución galega estreada en 2005 e baseada na historia e na figura de Carmen Avendaño, unha das nais fundadoras do movemento Érguete de loita contra a droga e o narcotráfico en Galicia.

Adriana Ozores, que foi nomeada ó Goya a mellor actriz protagonista por este papel, encabeza un elenco que se completa con multitude de caras coñecidas do panorama do audiovisual galego.

A película foi rodada en Galicia en escenarios reais da loita contra o narcotráfico, coma é o caso do Pazo Baión.

Gerardo Herrero, no festival de Guadalaxara (México) en 2008.

A acción está ambientada en Galicia nos anos oitenta. Pilar (Adriana Ozores) é unha muller normal que un día descobre que un fillo dela é adicto á heroína. Arredor de Pilar outros moitos pais estanse encontrando co mesmo problema. Cando comezan a reunirse, a incerteza vaise transformando nunha vontade firme de denunciar a impunidade do narcotráfico nas nosas vilas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]