Hermann de Reichenau
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 18 de xullo de 1013 Altshausen |
| Morte | 24 de setembro de 1054 Kloster Reichenau |
| Q131930727 | |
| 1048 – 1054 (morte) ← Berno de Reichenau (pt) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Cristianismo |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Matemáticas, historia, astronomía, música sacra, escritura de crónicas, astroloxía e teoría musical |
| Ocupación | cronista, astrónomo, astrólogo, escritor, poeta, matemático, teórico da música, musicólogo, compositor, erudito |
| Movemento | Música medieval |
| Alumnos | Berthold of Reichenau (en) |
| Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 24 de setembro |
| Familia | |
| Pais | Wolfrad II Graf von Aleshausen |
| Irmáns | Werinharius (Werner) von Veringen Manegold II Graf von Alshausen und Isinum |
| Descrito pola fonte | Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |

Hermann de Reichenau (tamén chamado Hermannus contractus ou Hermannus Augiensis), nado en Altshausen, na actual Alemaña, o 18 de xullo de 1013 e finado na abadía bieita de Reichenau o 24 de setembro de 1054, foi un estudoso do século XI, compositor e teórico musical, matemático e astrónomo. Hermannus foi fillo do duque de Altshausen. Prexudicado por unha enfermidade que o deixou paralítico desde a infancia, pasou a maior parte da súa vida na abadía de Reichenau, unha illa no lago Constanza. Hermannus contribuíu ás catro artes do quadrivium. Era coñecido como compositor musical, mais tamén escribiu un tratado sobre a ciencia da música, varias obras sobre xeometría e aritmética e tratados astronómicos (incluíndo instrucións para a construción dun astrolabio).
Como historiador, escribiu unha crónica detallada dende o nacemento de Cristo ata o seu tempo, compilando por primeira vez os acontecementos do primeiro milenio despois de Cristo espallados en varias crónicas nun único traballo, ordenándoas despois do cómputo da era cristiá. O seu discípulo, Berthold, foi o seu continuador.
Foi beatificado en 1863.