Hercules: The Legendary Journeys
Hercules: The Legendary Journeys | |
---|---|
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hercules: The Legendary Journeys (en galego Hércules, as viaxes lendarias) foi unha serie de televisión estadounidense baseada na mitoloxía grega e no semi-deus Hércules, protagonizada por Kevin Sorbo.
A serie, rodada nun parque natural de Nova Zelandia, empezou como un telefilme, ata rematar sendo 5 telefilmes para a televisión en 1994.
Posteriormente a serie estreouse o 16 de xaneiro de 1995, emitíndose ata finais de 1999. Despois de 5 anos e medio de gravacións e 6 tempadas en 111 episodios, era vista en máis de 115 países en todo o mundo. A serie tivo un spin off: Xena: Warrior Princess (Xena, a princesa guerreira, emitida entre 1995 e 2001).
Ficharon a Kevin Sorbo como Hércules a finais de 1993, cando os produtores executivos Robert Tapert e Sam Raimi pensaron que era exactamente o tipo de "Joe Montana" que previron para o papel. Kevin Sorbo protagonizou as cinco películas con grande éxito para a televisión antes de trasladarse á serie semanal.
Argumento
[editar | editar a fonte]A serie é unha versión fantástica da mitoloxía grega, obviando bastante o aspecto histórico.
Hai moitos anos, Zeus, rei dos deuses, tomou a forma humana e mantivo un romance cunha moza fermosa chamada Alcmena, enganando á súa esposa Hera, a raíña dos deuses. Como resultado deste romance, naceu un bebé, medio deus e medio mortal, que posuía unha gran forza: era Hércules.
Hércules tivo unha difícil infancia e mocidade sen o seu pai. Hera, celosa polo romance entre Zeus e Alcmena, atormentouno desde neno, pero Zeus, prevido pola carraxe de Hera, tamén protexeu a Hércules desde a súa nenez. Hércules sempre quixo coñecer ó seu pai, pero non tivo a oportunidade ata ser adulto.
O seu mentor foi Quirón, o gran centauro. Hércules e o seu amigo Iolao aprenderon a arte da guerra e o xeito de ser un verdadeiro guerreiro: para loitar non con carraxe, senón cun senso da xustiza e da compaixón.
Hércules sentou a testa como granxeiro coa súa esposa Deianira. Tiveron tres fillos: Aeson, Klonus, e Ilea. Durante este tempo Hércules e Iolao emprenderon un bo número de aventuras, e o fillo de Zeus atopará o que máis amaba no mundo: a súa familia, máis co entusiasmo das súas procuras e fazañas.
Hera continuaba no seu resentimento contra Hércules polas accións do seu pai. Mandou toda clase de monstros e salvaxes para destruír a Hércules, ataques inútiles ata que foron dirixidos ó que máis valoraba: a súa familia. A raíña dos deuses botou dúas bólas de lume que deron a morte inmediata a Deianira, Aeson, Klonus e Ilea.
Hércules, cheo de rabia e de dor, xurou ó ceo que faría pagar a Hera polas súas accións para o resto da vida. Despois de queimar o seu fogar, Hércules fixou a súa procura en destruír os sete templos de Hera. Logo diso seguiu coas súas aventuras con Iolao. Noutras ocasións, atopouse co compañeiro algo renuente de Salmoneo, ou con Autólico (o rei dos ladróns) e outros mortais. Nunha das súas aventuras, Hércules axudou a Xena a descubrir o lado bo que había nela e para rexenerarse e loitar contra o mal.
Lista de episodios
[editar | editar a fonte]A serie conta cun total de 111 episodios divididos en 6 tempadas, máis as 5 películas para televisión previas á serie.
- Artigo principal: Lista de episodios de Hercules: The Legendary Journeys
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Hércules: Kevin Sorbo, con Ian Bohen e Ryan Gosling Hércules de neno.
- Iolao: Michael Hurst, con Dean O'Gorman como joven Iolao de neno.
- Autólico: Bruce Campbell.
- Salmoneo: Robert Trebor.
- Ares: Kevin Smith.
- Zeus: Anthony Quinn e Charles Keating.
- Deianira: Tawny Kitaen.
- Afrodita: Alexandra Tydings.
- Serena: Sam Jenkins.