Son chamados odónidas polos tres emperadores chamados Odón, e "dinastía saxoa" porque os seus inicios empezan nas terras do ducado de Saxonia. Tamén se denominan Liudolfinger,[1] pola súa orixe familiar, ao seren descendentes do conde saxón Liudolfo (morto no 866), quen foi o seu primeiro devanceiro con certeza.[2]
Os gobernantes odonianos foron os sucesores do rei xermánico Conrado I, que foi o único rei xermánico que gobernou na Francia Oriental despois da dinastía Carolinxia e antes desta dinastía.[3]
Henrique IV, fillo de Henrique II de Baviera, duque de Baviera, 995-1004 e 1009-101, rei de Alemaña, 1002-1014, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, 1014-1024.
Gauvard, Claude; Libera, Alain de; Zink, Michel (2004). Dictionnaire du Moyen Âge(en francés). París: Presses universitaires de France. ISBN9782130543398.