Henning Berg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Henning Berg
Legia tren (2).jpg
Berg como adestrador do Legia Warszawa en 2014
Información persoal
Nome completo Henning Stille Berg
Nacemento 1 de setembro de 1969
Lugar Eidsvoll,
Altura 1.84
Posición Defensa
Carreira xuvenil
1987–1988 Lørenskog
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1988–1991 Vålerenga 66 (2)
1992–1993 Lillestrøm 20 (1)
1993–1997 Blackburn Rovers 159 (4)
1997–2000 Manchester United 66 (2)
2000Blackburn Rovers (cedido) 17 (0)
2000–2003 Blackburn Rovers 74 (3)
2003–2004 Rangers 20 (0)
Total 422 (12)
Selección nacional
1992–2004 Noruega 100 (9)
Adestrador
2005–2008 Lyn
2008–2011 Lillestrøm
2012 Blackburn Rovers
2014–2015 Legia Warszawa
2016- Videoton
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Henning Berg, nado o 1 de setembro de 1969 en Eidsvoll, é un ex-futbolista e adestrador noruegués que xogou como defensa no Blackburn, no Manchester United e na selección de Noruega na década de 1990 e 2000.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa carreira como futbolista profesional durou de 1988 a 2004, primeiro en Noruega co Vålerenga e o Lillestrøm, non obstante a súa etapa máis coñecida foi como xogador da Premier League gañando títulos tanto co Blackburn Rovers como co Manchester United, converténdose no primeiro xogador en gañar a Premier League con dous clubs.[1] Rematou a súa carreira na Scottish Premier League co Rangers. Coa selección de Noruega xogou máis de cen encontros, marcando nove goles.

Adestrador[editar | editar a fonte]

O 22 de abril de 2005, menos dun ano despois de rematar a súa carreira como xogador, Henning Berg converteuse no adestrador do FK Lyn poucos días após principiar o campionato de primeira división. Segundo o acordo co club firmou por catro anos, para darlle continuidade á política de formación e lanzamento dos xogadores novos. O 24 de abril, Berg dirixiu por vez primeira o equipo nun empate co Star. Na seguinte fin de semana logrou a súa primeira vitoria contra o Molde por 6-1. Na súa primeira tempada, Berg obtivo bos resultados, poñendo ao Lyn en terceiro lugar e logrando a cualificación para a Copa da UEFA, quedando a só dous puntos por detrás do campión, o Vålerenga. Tamén logrou bater ao rival, o Rosenborg na casa, por primeira vez desde 1968. Durante as dúas tempadas seguintes, o FK Lyn quedou no medio da táboa.

O 19 de agosto de 2008 Henning Berg aceptou a oferta do Lillestrøm, o seu ex-club[2]. Firmou por cinco anos de contrato, que entrou en vigor uns meses máis tarde, despois de deixar o seu cargo no Lyn.[3] Berg acadou o obxectivo de salvar o club de descenso. A tempada seguinte, serios problemas económicos esixiron ao Lillestrøm vender boa parte dos seus xogadores profesionais, alén das baixas por lesións que complicaron o inicio de tempada, así e todo Berg logrou que o equipo rematase en décimo primeiro lugar na clasificación nacional. En 2010, o equipo continuou mellorando e chegou á quinta praza na metade da tempada, tras trece partidos consecutivos invicto, pero na segunda metade o Lillestrøm baixou ata a décima posición. O ano seguinte, o club principiou ben a tempada e a metede de tempada estaba entre os mellores pero por mor de problemas económicos vendeu algúns dos seus mellores xogadores (Anthony Ujah, Nosa Igiebor e Stefán Gíslason e baixou no final da tempada. A tres xornadas do remate, o presidente do club despediuno por desacordos deportivos[4].

No estranxeiro[editar | editar a fonte]

O 31 de outubro de 2012 converteuse en adestrador do Blackburn Rovers,[5] pero cesou despois de dez partidos, tras unha serie de cinco derrotas en seis partidos[6]. En decembro de 2013 chegou ao Legia Warszawa en Polonia[7], substituíndo a Jan Urban, malia ocupar o primeiro lugar na clasificación da primeira división [8]. Segundo o presidente do Legia, na procura de mellores resultados na competición europea[8].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Blackburn Rovers: Henning Berg appointed manager at Ewood Park". BBC Sport. 31 de outubro 2012. 
  2. (no) Henning Berg nouvel entraîneur de Lillestrøm sur adressa.no, le 19 août 2008.
  3. (no) Henning Berg prend le relais sur rb.no, le 21 octobre 2008.
  4. Berg, limogé, en désaccord avec le Conseil du LSK vg.no, 27 de outubro de 2011.
  5. Berg sur le banc de Blackburn, lequipe.fr, 31 octobre 2012
  6. «Henning Berg: Blackburn Rovers sack manager after 57 days», BBC Sport, 27 de decembro de 2012.
  7. Le Legia change d'entraîneur sur lequipe.fr, le 19 décembre 2013.
  8. 8,0 8,1 Berg prend la tête du Legia sur uefa.com, le 19 décembre 2013.