Heliotropium europaeum
Heliotropium europaeum | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vista general | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
A Heliotropium europaeum é unha especie de planta herbácea do xénero Heliotropium na familia Boraginaceae.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha planta erecta, amplamente ramosa, con pelos agrisados, anual, fétida. Follas ovadas a elípticas, de base cuneada a redondeada, pecioladas. Flores brancas ou lilas, de 2-4 mm de diámetro, sépalos lineal oblongos a estreitamente triangulares, estendidos trala floración; brácteas ausentes. Florece de xuño a outubro.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]A especie está distribuída polo sur, centro e norte de Europa, Macaronesia –excepto Cabo Verde–, norte de África e suroeste de Asia. É unha especie arvense e ruderal que medra dende o nivel do mar até os 1750 m de altitude.[1]
Propiedades
[editar | editar a fonte]É usado como colerético, colagogo, febrífugo e emenagogo.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Heliotropium europaeum foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum, vol. 1, p. 130[1], 1753.[3]
- Citoloxía
Número básico de cromosomas : n=16[4]
- Heliotropium: prestado do Latín hēlĭŏtrŏpĭŏn, -ii derivado do Grego ήλιοτρόπιον, construído a partir de Ήλιος, o sol e τροπή, volta, xiro, referíndose ao movemento que, ao dicir de Dioscórides e Plinio o Vello (Historia Naturalis, 2, 109), diversas especies do xénero efectúan acompañando o curso do sol.
- europaeum: alusión xeográfica evidente pola súa localización en Europa.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Heliotropium en Flora Ibérica, RJB/CSIC, Madrid
- ↑ "Heliotropium europaeum". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 20 de setembro de 2013.Enlace roto
- ↑ "Heliotropium europaeum". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 20 de setembro de 2013.
- ↑ Luque, T., Karyological studies on Spanish Boraginaceae. VII, Heliotropium L., Willdenowia, vol. 25, p. 659-668, 1996
- ↑ Heliotropium europaeum en The Plant List, vers. 1.1, 2013
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Heliotropium europaeum |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Heliotropium europaeum |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- AFPD. 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique.
- CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Mexico City.
- Flora of China Editorial Committee. 1995. Flora of China (Gentianaceae through Boraginaceae). 16: 1–479. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
- Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.