Heb Sed

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escultura de Alabastro do faraón Pepri I Antigo Reino, vestido para celebrar o seu Heb Sed, c. 2362 a.C., Museo de Brooklyn

O Festival Sed (ḥb-sd, pronunciación convencional /sɛd/; tamén coñecido como Heb Sed ou Festa da renovación real) era unha cerimonia do antigo Exipto que celebraba o reinado continuo dun faraón. O nome está tomado do deus lobo exipcio, un dos nomes dos cales era Wepwawet ou Sed.[1]

O propósito desta festa parece ser a renovación da forza física e da enerxía sobrenatural do faraón.

Tabela homónima do faraón Den describindo o seu "Heb Sed", atopado na súa tumba de Abidos. Museo Británico.

Está documentado, xunto con outros festivais exipcios, na Pedra de Palermo desde a época da primeira dinastía, e durou ata a período tolemaico, cando esta cerimonia traducíuse ao grego como festa dos trinta anos. Algúns faraóns, como Amenhotep III e Ramsés II, parecen celebrar o seu primeiro Heb Sed durante os anos 30 ou 31 do seu reinado e despois cada tres anos, estimando que esta era a regra xeral, para celebrar a festa, aínda que houbo algunhas excepcións.

Historia[editar | editar a fonte]

Non hai ningún manuscrito que relate claramente este festival, quedando só inscricións pictóricas como únicos testemuños, onde se representan diversos episodios pero sen especificar a orde de eventos. Un dos conxuntos de escenas mellor conservados atopouse no templo solar do faraón Nyuserra-Iny, en Abu Gurab, aínda que os baixorrelevos do templo están espallados por diversas coleccións.

Os festivais Sed celebráronse o primeiro día do mes de Tybi na estación de Peret, máis ou menos o primeiro mes de inverno e duraban 10 días.

A pesar da antigüidade do Festival Sed e aos centos de referencias ao mesmo ao longo da historia do antigo Exipto, os rexistros máis detallados das cerimonias ademais do reinado de Amenhotep III proceden maioritariamente de "ciclos de relevos do faraón da quinta dinastía Neuserra ... no seu templo ao sol en Abu Ghurab, de Akhenatón no leste de Karnak, e nos ciclos de relevos do faraón Osorkón II da XXII Dinastía ... en Bubastis."[2]

O antigo festival, quizais, puido ser instituído para substituír a un ritual de asasinato dun faraón que foi incapaz de seguir gobernando con eficacia por mor da idade ou condicións.[3] Finalmente, as festas de Sed eran xubileus celebrados despois de que un gobernante ocupara o trono durante trinta anos e despois cada tres ou catro anos. Eran celebrados principalmente para renovar a forza e resistencia do faraón mentres estaban sentados no trono, celebrando o éxito continuo do faraón.

Detalle dunha etiqueta de ébano do faraón Den da Primeira Dinastía, que o representa correndo ao redor dos marcadores dos límites rituais como parte do festival Sed

Hai probas claras dos primeiros faraónsm que celebraron o Heb Sed, como o faraón Den da Primeira Dinastía[4] e o faraón Zoser da Terceira dinastía. Na Pirámide de Zoser hai dúas pedras lindeiras na súa corte Heb Sed, que se atopan dentro do complexo da pirámide. Tamén se lle mostra celebrando o Heb Sed nunha porta falsa dentro da súa pirámide.

As festas Sed implicaban elaborados rituais no templo e incluían procesións, ofrendas e actos de devoción relixiosa como o levantamento cerimonial dun piar djed, a base ou sacro dunha columna vertebral bovina, un símbolo fálico que representa a forza, "potencia e duración do goberno do faraón".[5] Un dos primeiros festivais Sed dos que hai probas importantes é o do faraón da VI dinastía Pepi I Meryre no documento dos Anais de pedra de Saqqara do Sur. Os máis fastuosos, a xulgar por inscricións sobreviventes, foron os de Ramessés II e Amenhotep III. Os festivais Sed aínda foron celebrados polos faraóns da época libia como Shoshenq III, Shoshenq V, Osorkon I, que tivo o seu segundo Heb Sed no seu 33º ano e Osorkon II, que construíu un gran templo en Bubastis cunha pasarela de granito vermello decorada con escenas deste xubileu para conmemorar o seu propio Heb Sed.

Os faraóns que seguiron a tradición típica, pero non reinaron ata os 30 anos tiveron que contentarse con promesas de "millóns de xubileos" no alén.[6]

Varios faraóns parece que desviáronse da tradición de 30 anos, en particular dous faraóns da XVIII Dinastía, Hatshepsut e Akhenatón, gobernantes nunha dinastía que se estaba recuperando da ocupación por parte de estranxeiros, restablecéndo e redefinindo moitas tradicións.

Hatshepsut, unha faraona moi exitosa, celebrou o seu xubileu Sed en Tebas no que algúns historiadores da época vitoriana insisten foi só o décimo sexto ano de reinado, pero ela fixo isto contando o tempo no que foi a primeira consorte do seu débil marido e algunhas recentes investigacións indican que exerceu a autoridade xeralmente reservada para os faraóns durante o seu reinado, actuando así como gobernante en vez de como a súa gran esposa real, e estas tarefas asignáronse á súa real filla. Á morte do seu marido, o único varón elixible da familia real era un fillastro e sobriño seu que era un neno. Fíxose consorte e, pouco despois, foi coroada faraón. Algúns exiptólogos, como Jürgen von Beckerath no seu libro Cronoloxía dos faraóns exipcios, especulan que Hatshepsut puido celebrar o seu primeiro xubileu Sed para celebrar os 30 anos da morte do seu pai, Thutmose I, de quen derivou toda a súa lexitimidade para gobernar Exipto. Designou a súa filla para á máxima oficina administrativa do seu goberno, dándolle a experiencia dun correxente ao gobernar moitos aspectos da súa burocracia. Isto reflicte unha afirmación oracular apoiada polos sacerdotes de Amón-Ra de que o seu pai a nomeou herdeira do trono.[7]

Akhenatón fixo moitas modificacións nas prácticas relixiosas co fin de eliminar o dominio absoluto no país polos sacerdotes de Amón - Ra, aos que consideraba corruptos. A súa reforma relixiosa puido comezar coa súa decisión de celebrar o seu primeiro festival Sed no seu terceiro ano de reinado. O seu propósito podería ser obter unha vantaxe fronte ao poderoso templo, xa que un festival Sed era un xubileu real destinado a reforzar os poderes divinos do faraón e o liderado relixioso. Ao mesmo tempo, afastou a súa capital da cidade que controlaban estes sacerdotes.  

Principais cerimonias do festival Sed[editar | editar a fonte]

Baixorelevos que mostran o "Heb Sed" de Snefru. MMNY.
  • Inicio do "Heb Sed" con algúns rituais fundacionais.
  • Faraón revisando os traballos de construción e o censo de gando.
  • A procesión: o faraón aparece por primeira vez coa indumentaria do Heb Sed, ao seu carón aparecen os fillos do faraón.
  • A cerimonia no edificio: procesión dos mobles (en forma de león) para o renacemento e rexeneración do faraón.
  • Os exipcios de todas as rexións do país aparecen diante do faraón.
  • Os exipcios aparecen de novo ante o faraón.
  • A procesión do deus Min.
  • O faraón ante a capela de Upuat, onde se unta ungüento. O faraón cambia a indumentaria para a carreira ritual. Esta carreira parece ser a parte máis importante do festival. Simboliza con frecuencia todo o festival.
  • Censo de gando, con presentación do gando aos deuses.
  • O faraón séntase na cadeira xestatoria.
  • Procesión do faraón na cadeira.
  • O rei ergue un piar djedo como símbolo de estabilidade e dispara frechas na dirección dos catro puntos cardinais para protexer e manter os inimigos afastados.


Hbsd
Aa11W4O23
 
W4sd
Aa11O23

en xeróglifo
Heb Sed

Notas[editar | editar a fonte]

Referencias
  1. Shaw, Ian. Exploring Ancient Egypt. Oxford University Press. 2003. ISBN 0-19-511678-X. p. 53
  2. David O'Connor Eric Cline, Amenhotep: Perspectives on his Reign, University of Michigan, 1998, p. 16.
  3. Cottrell, Leonard. The Lost Pharaohs. Evans, 1950. p. 71.
  4. Wilkinson, Toby A. H. Early Dynastic Egypt. Routledge, 1999. p. 63. ISBN 0-203-20421-2.
  5. Quoted from: Applegate, Melissa Littlefield. The Egyptian Book of Life: Symbolism of Ancient Egyptian Temple and Tomb Art. HCI, 2001. p. 173.
  6. William Murnane, "The Sed Festival: A Problem in Historical Method", MDAIK 37, pp. 369–76.
  7. Breasted, James Henry, Ancient Records of Egypt: Historical Documents from the Earliest Times to the Persian Conquest, The University of Chicago Press, 1907, pp. 116–117.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]