Havalina
Havalina | |
---|---|
A banda en Madrid o 29 de xuño de 2009 | |
Orixe | Madrid, España |
Período | 2001 - actualidad |
Xénero(s) | indie rock, stoner rock, rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Junk Records, Estoescasa!, Origami Records, Ernie Records |
Membros | Manuel Cabezalí: voz, guitarra. Javier Couceiro: batería. Jaime Olmedo: baixo |
Antigos membros | Ignacio Celma: baixo, coros (2009-2014) Nahúm García: baixo, coros (2006-2009) Charlie Bautista: voz, guitarra, teclados (2001-2007) Sara Iglesias: baixo (2001-2002 e 2004-2006) Alejandro Muñoz: baixo (2002-2004) Andrés Romero: batería (2001-2004) |
Na rede | |
http://www.havalina.es | |
Havalina (pronúnciase coa hache muda) é unha banda madrileña de rock formada no ano 2001 co nome de Havalina Blu, que mudaron no 2007 ao actual. O seu nome está relacionado co tema que pecha o álbum dos Pixies Bossanova (1990), titulado precisamente "Havalina"[1]. A súa formación orixinal ven de bandas como Sugar Kane, formada por Charlie Bautista e Manuel Cabezalí, ou Rosebud que formarían posteriormente con Sara Iglesias e Andrés Romero. Da composición orixinal da banda só se mantén Manuel Cabezalí, ao que se lle engadiu Javier Couceiro Arroyo, no 2004, e Jaime Olmedo, no 2014, despois do anuncio en redes sociais do baixista, Ignacio Celma, de que abandonaba a formación por motivos persoais.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios da banda (2001-2002)
[editar | editar a fonte]Tras a disolución de Sugar Kane no 2001, dous dos seus membros (Manuel Cabezalí e Charlie Bautista) formaron en Madrid a finais de ano Rosebud. Este novo conxunto compoñíano os ditos Cabezalí (guitarra e voz) e Bautista (guitarra e voz) máis Sara Iglesias (baixo) e Andrés Romero (batería)[2].
Pouco mais de medio ano despois, no 2002, o grupo mudou o nome para Havalina Blu. Pasado o verán, Sara Iglesias deixou o grupo por vez primeira, ocupando o seu posto Alejandro Muñoz. O 1 de novembro deron un concerto na desaparecida sala Ritmo y Compás[3] (na madrileña rúa Conde de Vilches), no que presentaron temas do que sería pouco despois o seu primeiro álbum de estudio: Uncoloured Songs, que gravaron no local de ensaio.
Uncolored Songs (2003-2004)
[editar | editar a fonte]A comezos do 2003 deron comezo coa gravación do seu primeiro álbum, que foi bautizado co título do seu quinto corte, "Uncolored Song". Todos os temas foron compostos e escritos en inglés por Charlie Bautista (sete temas) e Manuel Cabezalí (seis temas). Participaron como músicos tanto Bautista (que engadiu os teclados do álbum) como Cabezalí, Romero e Muñoz, engadíndoselle a recentemente substituída Sara Iglesias no baixo do tema "The Moon Through Your Window", tema mesturado por Domingo Patiño (ex-membro de Hermino Molero y La Máquina Humana e de Domingo y los Cítricos). A produción e masterización foi enteiramente realizada pola propia banda. O deseño da portada do disco, totalmente azul e coas grafías en branco, foi obra de Cabezalí[4]. Os temas que contivo foron os seguintes:
pista | título | duración | letra de |
---|---|---|---|
1 | There Goes My Girl | 4' 15" | Manuel Cabezalí |
2 | Let's Die This Evenin' | 3' 04" | Charlie Bautista |
3 | Electric Shocks | 2' 41" | Manuel Cabezalí |
4 | Dirt Me | 4' 40" | Charlie Bautista |
5 | Uncoloured Song | 4' 58" | Manuel Cabezalí |
6 | Naked Lovers | 4' 25" | Charlie Bautista |
7 | Smile | 4' 02" | Charlie Bautista |
8 | Warm Nights | 3' 20" | Manuel Cabezalí |
9 | Tom Says | 3' 30" | Manuel Cabezalí |
10 | Snow Petals | 4' 06" | Charlie Bautista |
11 | Hot Wax | 3' 36" | Charlie Bautista |
12 | The Moon Through Your Window | 5' 49" | Manuel Cabezalí |
13 | We Were Stars | 7' 20" | Charlie Bautista |
No 2004 Andrés Romero e Alejandro Muñoz abandonaron a banda, cubrindo o seu posto Javier Couceiro, e regresando Sara Iglesias.
From Bed to Bed (2005)
[editar | editar a fonte]Comezou a gravación do seu segundo álbum, From Bed to Bed, que se lanzou ao ano seguinte.
pista | título | duración | letra de |
---|---|---|---|
1 | Silky | — | Manuel Cabezalí |
2 | She thinks I'm funny | — | Manuel Cabezalí |
3 | Inside-outside | — | Manuel Cabezalí |
4 | Offshore | — | Manuel Cabezalí |
5 | Liquid heart | — | Manuel Cabezalí |
6 | Ashtray | — | Manuel Cabezalí |
7 | Love is drunk | — | Manuel Cabezalí |
A Woman or Two (2006)
[editar | editar a fonte]No 2006 ficharon por Junk Records e gravaron o seu terceiro álbum, A Woman Or Two.
pista | título | duración | letra de |
---|---|---|---|
1 | If There Is No Pasion | — | Manuel Cabezalí |
2 | In The Center Of This Town | — | Manuel Cabezalí |
3 | Stopping The Fun | — | Manuel Cabezalí |
4 | ...and Your Sister | — | Manuel Cabezalí |
5 | Wam Nights | — | Manuel Cabezalí |
6 | Summer Is Gone | — | Manuel Cabezalí |
7 | Long And Thin Hot Wire In My Heart | — | Manuel Cabezalí |
8 | No Reason To Rant | — | Manuel Cabezalí |
9 | Cold Summer Nights | — | Manuel Cabezalí |
10 | Scissons And Glue | — | Manuel Cabezalí |
11 | Tom Says | — | Manuel Cabezalí |
12 | April Comes (And I Fell Fine) | — | Manuel Cabezalí |
13 | Poni | — | Manuel Cabezalí |
Creación de Havalina (2007)
[editar | editar a fonte]No 2007 Sara Iglesias abandonou novamente a formación, sendo substituída por Nahúm García. Ademais, son fichados pola oficina de management e contratación TodoAzul.
Junio (2008)
[editar | editar a fonte]No 2008 publicaron un novo álbum, Junio, por primeira vez completamente en español, e gravaron o seu primeiro videoclip co corte Noches sin Dormir.
pista | título | duración | letra de |
---|---|---|---|
1 | A Golpe de Bisturí | — | Manuel Cabezalí |
2 | Nadie Como Yo | — | Manuel Cabezalí |
3 | Dónde Irán | — | Manuel Cabezalí |
4 | Sólo Pienso En Mí | — | Manuel Cabezalí |
5 | Cosas Que Le Diría | — | Manuel Cabezalí |
6 | Noches Sin Dormir | — | Manuel Cabezalí |
7 | Junio | — | Manuel Cabezalí |
8 | Dureza | — | Manuel Cabezalí |
9 | Pechos de Metal | — | Manuel Cabezalí |
10 | Tus Huesos | — | Manuel Cabezalí |
11 | Siewerdt | — | Manuel Cabezalí |
12 | Septiembre | — | Manuel Cabezalí |
Imperfección (2009)
[editar | editar a fonte]No 2009 ficharon por Origami Records e gravaron o seu primeiro disco para o selo, Imperfección. Tras a gravación, e para a xira de presentación de dito álbum, Ignacio Celma pasou a substituír a Nahúm García ao baixo. O estilo da banda agora é moito máis rochoso, escuro e sen concesións.
pista | título | duración | letra de |
---|---|---|---|
1 | Imperfección | 4' 42" | Manuel Cabezalí |
2 | Agosto En Bogotá | 4' 03" | Manuel Cabezalí |
3 | Incursiones | 3' 05" | Manuel Cabezalí |
4 | Sueños De Esquimal | 4' 57" | Manuel Cabezalí |
5 | Lejos De Tu Cama | 3' 54" | Manuel Cabezalí |
6 | 6:00 AM | 4' 38" | Manuel Cabezalí |
7 | Vida Maquinal | 3' 36" | Manuel Cabezalí |
8 | Sórdido | 2' 27" | Manuel Cabezalí |
9 | Desinspiración | 9' 49" | Manuel Cabezalí |
10 | Miedo Al Agua | 4' 25" | Manuel Cabezalí |
Las Hojas Secas (2010-2011)
[editar | editar a fonte]No 2010 gravaron un novo álbum, Las Hojas Secas, tamén con Origami Records. Cambiaron de oficina de management e pasaron a traballar con Heart of Gold.
pista | título | duración | letra de |
---|---|---|---|
1 | Desierto | 5' 27" | Manuel Cabezalí |
2 | Tu Ciudad | 4' 05" | Manuel Cabezalí |
3 | Objetos Personales | 3' 54" | Manuel Cabezalí |
4 | Sindrome De Culto | 3' 57" | Manuel Cabezalí |
5 | Las Hojas Secas | 7' 26" | Manuel Cabezalí |
6 | Ley De La Gravedad | 4' 53" | Manuel Cabezalí |
7 | La Pared | 4' 26" | Manuel Cabezalí |
8 | Punto De Reconciliación | 4' 55" | Manuel Cabezalí |
9 | Mamut | 4' 28" | Manuel Cabezalí |
10 | Mordiente | 6' 46" | Manuel Cabezalí |
11 | Por La Noche | 10' 02" | Manuel Cabezalí |
No 2011 publicouse o DVD Tan Deprisa, Tan Despacio, no que se recolle o proceso de creación de Las Hojas Secas, así como varios cortes en directo do concerto que ofreceron o 5 de marzo de 2010 na Sala Caracol de Madrid. En decembro do mesmo ano, a banda celebrou o seu décimo aniversario, con tres concertos os días 30 de novembro, 1 e 2 de decembro, na Sala Siroco de Madrid agotando as entradas, e nos que interpretaron os seus álbums de estudio en castelán en rigoroso orde, ademais dalgunhas novidades do que ía ser o seu próximo material. Así mesmo, con motivo do aniversario, Origami Records publicou unha caixa especial que contiña os seus tres discos de estudio en castelán, o DVD Tan Deprisa, Tan Despacio e un disco de versións de temas da banda interpretados por outros artistas como Julio De La Rosa, Vetusta Morla, Álex Ferreira, Boat Beam, Maika Makovski, Depedro, The Cabriolets, Richter, Amigos Imaginarios, Coffee & Wine e Trikini.
h (2012-2014)
[editar | editar a fonte]No 2012, a banda lanzou ao mercado h, o seu cuarto disco de estudio en español. A banda anunciou datas e saíu de xira para presentar o seu novo traballo.
pista | título | duración | letra de |
---|---|---|---|
1 | Norte | 3' 58" | Manuel Cabezalí |
2 | La Antártida Empieza Aquí | 3' 50" | Manuel Cabezalí, J.J. Cabezalí |
3 | Viaje Al Sol | 2' 18" | Manuel Cabezalí |
4 | El Estruendo | 6' 42" | Manuel Cabezalí |
5 | Compañía Felina | 3' 04" | Manuel Cabezalí |
6 | Animal Dormido, Animal Despierto | 6' 52" | Manuel Cabezalí |
7 | Música Para Peces | 7' 31" | Manuel Cabezalí |
8 | Viernes | 5' 45" | Manuel Cabezalí |
9 | Cuando Todos Duermen | 4' 20" | Manuel Cabezalí |
No 2013 o conxunto anunciou concertos para celebrar o vixésimo aniversario do disco dos Smashing Pumpkins, Siamese Dream. Para iso, contaron coa axuda do antigo compoñente do grupo, Charlie Bautista. Os concertos homenaxe sucedéronse en Madrid e, en 2014, en Barcelona.
No 2014, o baixista Ignacio Celma anunciou a través de Facebook que abandonaba a banda por motivos persoais. Substituíuno Jaime Olmedo, amigo da banda, que xa tocara en suplencia de Celma nalgún concertos.
Islas de Cemento (2015-2016)
[editar | editar a fonte]No 2015 publicaron o seu quinto disco de estudio en castelán, titulado "Islas de Cemento", co que se embarcaron nunha intensa xira por toda España.
pista | título | duración | letra de |
---|---|---|---|
1 | Cristales Rotos Sobre El Asfalto Mojado | 6' 55" | Manuel Cabezalí, J.J. Cabezalí |
2 | Islas De Cemento | 4' 47" | Manuel Cabezalí, J.J. Cabezalí |
3 | Un Reloj De Pulsera Con La Esfera Rota | 4' 45" | Manuel Cabezalí, J.J. Cabezalí |
4 | La Voz De Él | 5' 21" | Manuel Cabezalí, Nieves Lázaro |
5 | Ya Va Siendo Hora | 3' 26" | Manuel Cabezalí |
6 | El Olmo Centenario | 6' 21" | Manuel Cabezalí |
7 | Luces | 3' 33" | Manuel Cabezalí, J.J. Cabezalí |
8 | ¿Dónde? | 2' 24" | Manuel Cabezalí |
9 | Cementerio De Coches | 6' 56" | Manuel Cabezalí, J.J. Cabezalí |
10 | Lluvia En El Cementerio De Coches | 8' 36" | Manuel Cabezalí, J.J. Cabezalí |
11 | Ulmo | 4' 39" | Manuel Cabezalí |
Muerdesombra (2017)
[editar | editar a fonte]Na actualidade a banda encóntrase traballando no que será o seu sexto álbum como Havalina.
pista | título | duración | letra de |
---|---|---|---|
1 | Abismoide | 4' 20" | Manuel Cabezalí |
2 | Malditos Mamíferos | 4' 26" | Manuel Cabezalí |
3 | Lazos Rotos | 5' 09" | Manuel Cabezalí |
4 | Órbitas | 4' 51" | Manuel Cabezalí |
5 | Nacidos De La Bruma | 4' 38" | Manuel Cabezalí |
6 | Alta Tormenta I | 5' 43" | Manuel Cabezalí |
7 | Alta Tormenta II | 5' 10" | Manuel Cabezalí |
8 | Más Velocidad | 3' 52" | Manuel Cabezalí |
9 | Trópico Fantasma | 8' 24" | Manuel Cabezalí |
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo | Nº catálogo | Notas |
---|---|---|---|---|
Uncolored Songs | 2003 | auto-produción | como Havalina Blu | |
From Bed to Bed | 2005 | auto-produción | como Havalina Blu | |
A Woman or Two | 2006 | Junk Records | JKR13 | como Havalina Blu |
Junio | 2008 | Estoescasa! | EEC02 | |
Imperfección | 2009 | Origami Records | ORI104 | |
Las Hojas Secas | 2010 | Origami Records | ORI109 | |
h | 2012 | Origami Records | ORI116 | |
Islas de Cemento | 2015 | Origami Records | ORI126 | |
Muerdesombra | 2017 | Ernie Records | ER048 |
Sinxelos
[editar | editar a fonte]Título | Ano | Álbum | Selo | Nº catálogo |
---|---|---|---|---|
Tu mitad del aire | 2015 | SON Estrella Galicia Vol.#02 (xunto a Neuman)[5] | SON Estrella Galicia | #02 |
Más velocidad | 2016 | Muerdesombra | Ernie Records | |
Abismoide | 2017 | Muerdesombra | Ernie Records | |
Malditos mamíferos | 2017 | Muerdesombra | Ernie Records |
Vídeos
[editar | editar a fonte]Título | Ano | Selo | Nº catálogo |
---|---|---|---|
Tan Deprisa, Tan Despacio | 2011 | Origami Records | ORI109D |
Colaboracións e compilacións
[editar | editar a fonte]Títulos | Álbum | Ano | Selo | Nº catálogo |
---|---|---|---|---|
If There Is No Passion | Bendito Pop | 2006 | Junk Records | JKR30 |
Corona Sucia | Mutaciones[6] | 2016 | Ernie Records | ER045 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rob (19-5-2011). "Havalina: “Nos gustan los extremos”". portalalternativo.com (en castelán). Consultado o 13-5-2017.
Havalina é unha bela canción dos Pixies. E gustounos moito no seu día a sonoridade desta palabra. Lembro que barallamos outras opcións, pero o certo é que pasaran xa case 10 anos desde que decidimos este nome, e sinceiramente, non lembro cales foron.
- ↑ Guillermo Albaida Ventura (12-7-2011). "Havalina Blu - Biografía, componentes y enlaces relacionados". musicoscopio.com (en castelán). Consultado o 23-5-2017.
- ↑ "Noviembre 2002". todoconciertos.com (en castelán). Consultado o 23-5-2017.
- ↑ "Havalina Blu – Uncoloured Songs". discogs.com (en castelán). Consultado o 23-5-2017.
- ↑ Inclúe dous temas: "Ella" (de Neuman) e "Tu mitad del aire" ("Neuman, Havalina (2)–SON Estrella Galicia Vol. #02". discogs.com (en castelán).).
- ↑ Disco homenaxe á banda granadina Niños Mutantes.