Saltar ao contido

Harvey L. Sharrer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHarvey L. Sharrer
Biografía
Morte11 de setembro de 2024 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Califórnia en Santa Bárbara Editar o valor en Wikidata

Harvey Leo Sharrer, nado nos Estados Unidos de América no século XX e finado no mesmo país o 11 de setembro de 2024, foi un escritor, profesor e investigador medievalista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi un dos grandes estudosos da literatura galega medieval, que participou no congreso celebrado na illa de San Simón en 1998.[1]

Autor de volumes e de multitude de colaboracións recollidas en actas de congresos e revistas (Journal of Hispanic Philology, Olifant, Papers of the Medieval Hispanic Research Seminar, Romance Philology, Filologia e Língua Portuguesa, he Galician Review, Cadernos do CEIL. Revista multidisciplinar de estudos sobre o Imaginário, Medievalia. Revista d’Estudis Medievals...), foi especialista na literatura artúrica ou Materia de Bretaña O seu nome quedou unido á descuberta, efectuada por el mesmo no ano 1990 en Lisboa, do pergamiño que leva o seu nome, o Pergamiño Sharrer, de fins do século XIII ou comezos do XIV, contén sete cantigas de amor compostas polo rei D. Dinís de Portugal. Conxuntamente co Pergamiño Vindel –as sete cantigas de amigo de Martín Codax– son os dous únicos documentos atopados ata hoxe que presentan a notación musical dos ditos textos. O Pergamiño Sharrer é a fonte manuscrita máis antiga de música profana, composta en lingua romance, que se conserva.[1]

Foi profesor e profesor emérito da University of California (Santa Bárbara) no departamento Latin American & Iberian Studies. Pertenceu á Asociación Internacional de Hispanistas (Asoc). As materias da súa especialidade foron o Galego, a Lingüística, a Literatura Peninsular e a Lingüística románica e a cultura e lingua catalá.[2] [3]

É o autor do prólogo a Pergamino vindel: Estudio monográfico (2016, M. Moleiro Editor).

  • Critical Bibliography of Hispanic Arthurian Material, I: Texts: The Prose Romance Cycles (1977). London: Grant & Cutler
  • TheLegendary History of Britain in Lope García de Salazar's Libro de las bienandanzas e fortunas (1979). University of Pennsylvania Press.
  • "La materia de Bretaña en la poesía gallego-portuguesa", Actas del I Congreso de la Asociación Hispánica de Literatura Medieval: Santiago de Compostela 2 al 6 de diciembre de 1985 / Vicenç Beltran Pepió (ed. lit.) (1988).
  • "La fusión de la novela artúrica y la novela sentimental", Historia y crítica de la literatura española / coord. por Francisco Rico Manrique, Vol. 1, Tomo 2, (1991).

Libros colectivos

[editar | editar a fonte]
  • Studies on Jorge de Sena by His Colleagues and Friends, Editor con Frederick G. Williams (1981). Santa Barbara: Jorge de SenaCenter for Portuguese Studies.
  • Hispanic Medieval Studies in Honor of Samuel G. Armistead, Editor con E. Michael Gerli (1992). Madison: Hispanic Seminary of Medieval Studies
  • BITAGAP (Bibliografia de Textos Antigos Galegos e Portugueses, part of CD-ROM. PhiloBiblon: Electronic Bibliographies of Medieval Catalan, Galician, Portuguese, and Spanish Texts, general editors Arthur L-F. Askins, Harvey L. Sharrer, and CharlesB. Faulhaber (1999). Berkeley: The Bancroft Library.
  • Lanzarote del Lago. Ed. Antonio Contreras Martín and Harvey L. Sharrer (2006). Alcalá de Henares: Centro de Estudios Cervantinos (Los Libros de Rocinante, 22).

Premios e honores[4]

[editar | editar a fonte]
  • 1958: Countess of Kinnoull Scholarship, Monterey Institute of Foreign Studies
  • 1967-8: Fulbright-Hays Fellowship, España
  • 1967-68: Del Amo Foundation Fellowship, España
  • 1972: American Philosophical Society grant
  • 1992: National Endowment for the Humanites travel to libraries grant
  • 1993-4: National Endowment for the Humanities research tools grant (co-investigaor)
  • 2000-2001: National Endowment for the Humanities research tools grant (co-investigaor)
  • 2002: CNRS – UCSB faculty research exchange program, París, Spring
  • 2003: Doutor honoris causa, Universidade Nova de Lisboa
  • 2003: Distinguished Alumnus, Department of Spanish and Portuguese, University of California, Los Angeles
  • 2005: University of California Education Abroad Program – Faculty Exchange with the Universidade de Granada
  • 2007-10: National Endowment for the Humanities research tools grant (co-investigator)
  • 2014-2015: National Endowment for the Humanities research tools grant, (co-investigator)
  • 2015: Reescribir la materia artúrica: Homenaje a Harvey L. Sharrer. Primer coloquio internacional organizado por la rama hispánica de la Sociedad Internacional Artúrica[5] [6]
  1. 1,0 1,1 Pena, Xosé Ramón (2024-09-15). "No adeus a un dos grandes estudosos da literatura galega medieval". Faro de Vigo. Consultado o 2024-09-15. 
  2. "Harvey L. Sharrer Portal del Hispanismo". hispanismo.cervantes.es (en castelán). Consultado o 2024-09-15. 
  3. "Harvey Sharrer Department of Spanish and Portuguese - UC Santa Barbara". www.spanport.ucsb.edu (en inglés). Consultado o 2024-09-15. 
  4. "Harvey L. SHARRER – Clytiar" (en inglés). Consultado o 2024-09-15. 
  5. "Reescribir la materia artúrica: Homenaje a Harvey L. Sharrer". Reescribir la materia artúrica: Homenaje a Harvey L. Sharrer Departamento de Filologías: Románica, Italiana, Gallego-Portuguesa y Catalana (en castelán). Consultado o 2024-09-15. 
  6. "Reescribir la materia artúrica Homenaje a Harvey L. Sharrer" (PDF). www.ugr.es.