Helmut Haller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Haller»)
Helmut Haller
Información persoal
Nacemento 21 de xullo de 1939
Lugar de nacemento Augsburgo
Falecemento 11 de outubro de 2012
Lugar de falecemento Augsburgo
Altura 176 centímetros
Posición centrocampista
Na rede
IMDB: nm1451995 FIFA: 174590 UEFA: 71689 Find a Grave: 133528260 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Helmut Haller, nado en Augsburgo o 21 de xullo de 1939 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 2012, foi un futbolista alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Haller foi un dianteiro que fixo o seu debut internacional aos dezanove anos en 1958. Xogou en Chile, en Inglaterra e mais en México. Gañou 33 copas en total, marcando 13 goles.

Alemaña Occidental chegou á final da competición de 1966 e Haller marcou o primeiro gol do partido, pero os contrincantes Inglaterra gañaron 4-2. Á parte da súa medalla de prata, Haller tamén gardou a pelota do encontro, aínda que por máis de 30 anos despois el volvese a Inglaterra e lla regalase a Geoff Hurst, quen conseguira un hat-trick no encontro e, por ende, considerado o lexítimo propietario segundo a tradición.

Na historia do seu club, Haller xogou no Augsburg, logo mudou a Italia no Bologna e logo na Juventus. En 1973 regresou ó club da súa vila natal e retirouse en 1979.