Berti Vogts
"Berti" Vogts | |||
---|---|---|---|
| |||
Información persoal | |||
Nome | Hans Hubert Vogts | ||
Nacemento | 30 de decembro de 1946 | ||
Lugar de nacemento | Büttgen | ||
Altura | 168 centímetros | ||
Posición | Lateral dereito, Central | ||
Información de club | |||
Club actual | retirado | ||
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Hans Hubert "Berti" Vogts, nado o 30 de decembro de 1946, en Büttgen, Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, é un futbolista e adestrador. Formou parte da selección de fútbol de Alemaña.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xogador[editar | editar a fonte]
En 1954, con 7 anos de idade, únese ao VfR Büttgen, club no que ficou ata 1965, ano no que foi transferido ó Borussia Mönchengladbach. Aquí estivo ata a súa retirada en 1979, sendo unha das pezas clave do equipo que ao longo dos 70 gañou 5 Bundesligas, 1 Copa de Alemaña e 2 Copas da UEFA. Fixo 419 aparicións en liga anotando 33 goles e 64 encontros e 8 goles nas competicións europeas.
A nivel internacional xogou 96 encontros coa selección absoluta de Alemaña do Oeste, anotando un gol. En 20 deles foi o capitán o equipo. Foi un xogador fundamental no campionato mundial de 1974 que gañou Alemaña. Tamén participou no equipo que venceu na Eurocopa de 1972.
Adestrador[editar | editar a fonte]
Despois de rematar a súa carreira coma xogador, chegou ó cargo de seleccionador do equipo sub-20 de Alemaña, cargo no que estivo ata o ano 1990. En 1990, despois da vitoria da escuadra no Mundial de Italia foi ascendido a adestrador da selección absoluta. Nesta etapa conseguiu a Eurocopa de 1996. Posteriormente tamén adestrou á selección de Escocia e Kuwait, sen moito éxito.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sitio non oficial (Alemán) - Vogts non ten páxina oficial
- Leverkusen who's who
- Nados en 1946
- Nados na rexión de Düsseldorf
- Futbolistas de Alemaña
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Borussia Mönchengladbach
- Xogadores da selección de fútbol de Alemaña
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1970
- Futbolistas gañadores da Eurocopa
- Futbolistas gañadores do Mundial
- Adestradores de fútbol de Alemaña
- Adestradores da selección de fútbol de Alemaña
- Adestradores do Bayer Leverkusen