Hajime Isayama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hajime Isayama
Hajime Isayama.png
Nacemento29 de agosto de 1986
 Hita
NacionalidadeXapón
Educado enKyushu Designer Gakuin e Oita Prefectual Hita Forestry & Industrial Senior High School
OcupaciónMangaka
Coñecido/a porShingeki no Kyojin
editar datos en Wikidata ]

Hajime Isayama (諫山 創 Isayama Hajime?), nado en Ōyama, Ōita en 1986, é un artista manga. A súa primeira serie de manga, Shingeki no Kyojin, vendeu preto de 36 millóns de copias ata abril de 2014.[1] As súas influencias son Tsutomu Nihei, Ryōji Minagawa, Kentaro Miura, Hideki Arai e Tōru Mitsumine e declarou que o manga que máis influíu na súa obra é ARMS.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Isayama estudou secundaria no Instituto Hitarinkou da Prefectura de Ōita, e posteriormente asistiu ó programa de deseño de historietas da Kyushu Designer Gakuin. En 2006, Isayama recibiu un premio no Magazine Grand Prix da editorial Kōdansha por Shingeki no Kyojin. Inicialmente, o autor tiña pensado publicar a súa obra na revista semanal Shōnen Jump da editorial Shūeisha, pero pedíuselle que modificara o estilo e a historia para que se afixera á revista. Por ese motivo, decidiu probar con outra revista, esta vez a Shōnen Magazine de Kōdansha.[3] Malia que non o conseguiu, Shingeki no Kyojin comezou a publicarse en setembro de 2009 en Bessatsu Shōnen Magazine, outra revista de Kōdansha.[4] En 2011, o manga gañou o premio Kōdansha Manga Shō na categoría mellor shōnen.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Attack on Titan Anime Gets 2 Compilation Films in 2014-2015". Anime News Network. 2014-04-03. Consultado o 2014-04-03. 
  2. "Interview with Attack on Titan Creator Hajime Isayama". MTV. Consultado o 2 de novembro de 2013. 
  3. Isayama, Hajime (19 de decembro de 2009). "変身!!!!" (en xaponés). blog.livedoor.jp [blog oficial do autor]. Consultado o 25 de setembro de 2013. 
  4. "進撃の巨人(1)" (en xaponés). Kōdansha. Consultado o 10 de setembro de 2013. 
  5. "講談社漫画賞 (過去の受賞者一覧)" (en xaponés). Kōdansha. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2013. Consultado o 9 de setembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]