Saltar ao contido

Herri Batasuna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «HB»)
Herri Batasuna
 Instancia de
 Parte de
 Posición política
Persoas e organizacións
 Organización xuvenil
Datas
 Fundación / creación
27 de abril de 1978 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
23 de maio de 2001 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Sucedido por
Localización
 Sede
 País
Identificadores
VIAF135834733 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0p8zv_8 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
Inguma: herri-batasuna-hb BNE: XX115496
Wikidata C:Commons

Herri Batasuna (HB) (Unidade Popular en éuscaro) foi unha coalición política independentista vasca de esquerdas fundada en 1978 e que desapareceu ó crearse Batasuna (2000) no cal se integraron a maioría dos seus membros agás o grupo que deu lugar a Aralar.

Defendía como programa político a alternativa KAS para a independencia de País Vasco o que implicaba o rexeitamento á constitución española e ó estatuto de autonomía da comunidade autónoma do País Vasco.

Presentábase ás eleccións pero non adoitaban participaban nos plenos dos parlamentos nos que tiñan representación. Frecuentemente relacionada con ETA a coalición sempre negou calquera vincallo coa banda armada.

Constituída a raíz da Mesa de Alsasua integráronse na coalición Acción Nacionalista Vasca, Euskal Sozialista Biltzarrea, Herriko Alderdi Sozialista Iraultzailea e Langile Abertzaleen Iraultzarako Alderdia ademais de dirixentes destacados e moitos militantes de Euskadiko Ezkerra . Vencellados a HB estaban as Xestoras Pro Amnistía, o sindicato LAB e as mocidades Jarrai.