Guy Môquet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Guy Môquet
Parigi - Guy Moquet stazione metro IMG 8909.JPG
Nome completo Guy Prosper Eustache Môquet
Nacemento 26 de abril de 1924
  París
Falecemento 22 de outubro de 1941
  Châteaubriant
Causa Fusilamento
Soterrado Cemiterio do Père-Lachaise
Nacionalidade Francia
Alma máter Lycée Carnot
Ocupación high school student
Premios cabaleiro da Lexión de Honra, Cruz de guerra 1939-1945, Mort pour la France e Médaille de la Résistance
editar datos en Wikidata ]
Roosevelt french hostages.jpg

Guy Môquet, nado o 26 de abril de 1924 e morto o 22 de outubro de 1941, foi un militante comunista, famoso por se-lo máis novo dos vinte e sete prisioneiros do campo de Châteaubriant fusilados en represalia pola morte de Karl Hotz. Calificáselle a miudo de membro da Resistencia francesa, mais tal afiliación é disputada entre os historiadores.

A familia Môquet[editar | editar a fonte]

Guy Môquet era fillo de Prosper Môquet, un sindicalista ferroviario e deputado comunista polo distrito 17 de París. Dado que o Partido Comunista Francés fora disolto polo seu apoio ao Pacto Molotov-Ribbentrop, Prosper foi arrestado o 10 de outubro de 1939 e posteriormente expulsado do seu cargo e enviado a un campo de concentración francés na Alxeria.

Biografía[editar | editar a fonte]

Guy Môquet era un fervente militante das xuventudes comunistas, coñecido no seu círculo pola súa afección a escribir poemas e a súa habilidade en varias disciplinas deportivas.

Os comunistas franceses adoptaran a postura da URSS, que consideraba a guerra un conflito imperialista oposto aos intereses da clase obreira. Numerosos militantes comunistas, entre eles o pai de Guy Môquet, foron apresados por esta negativa baixo a acusación de sabotaxe. Tra-la derrota francesa, os ocupantes alemáns mantiveron na cadea aos comunistas presos baixo a III República. Este feito afianzou a Guy Môquet na súa militancia. Se ben ata entón se mantivera agachado coa súa nai e o seu irmán fóra de París, decide regresar alí en 1939. Reivindica a liberación do seu pai e, tra-la instauración do réxime de Vichy, prosegue unha campaña de oposición ao goberno e distribución de propaganda.

É arrestado con dezaseis anos o 15 de outubro de 1940 na estación de metro parisiense Gare de l'Est por tres policías franceses en aplicación do decreto chamado Lei Daladier contra a propaganda comunista. É enviado ao campo de Châteaubriant, onde entra en contacto con outros militantes comunistas.

O 20 de outubro de 1941, Karl Hotz, comandante das tropas de ocupación en Nantes, é executado por mozos comunistas. O xeneral von Stülpnagel, comandante das forzas de ocupación en Francia, decide tomar en represalia a cincuenta reféns, escollidos polo ministro do interior do goberno de Pétain, Pierre Pucheu, entre os prisioneiros políticos do momento. O máis novo deles era Guy Môquet, que sufriría un esvaecemento na execución que tivo lugar dous días despois. Ante a tentativa de protección por parte dos seus compañeiros presos, el afirmou que era tan comunista como os demais, rexeitando a posible axuda.

Correspondencia[editar | editar a fonte]

Durante todo o seu período de detención en Châteaubriand, Guy Môquet mandou unha considerable cantidade de correspondencia á súa familia próxima. O seu escrito máis famoso é o poema que adicou aos seus pais e irmáns na véspera da súa execución e que comeza así:

"Ma petite maman chérie,

mon tout petit frère adoré,

mon petit papa aimé,

Je vais mourir!"

Tradución:

"¡Miña naiciña querida,

irmanciño meu adorado,

papaíño meu amado

Vou morrer!"

Tamén son coñecidas as liñas dirixidas a unha moza do campo de mulleres lindeiro que din:

"Ma petite Odette,

Je vais mourir avec mes 26 camarades, nous sommes courageux. Ce que je regrette est de n'avoir pas eu ce que tu m'as promis"

Tradución:

"Miña pequena Odette,

Vou morrer cos meus 26 camaradas, somos valentes. Do que me laio é que non terei o que me prometeras"

Conmemoracións[editar | editar a fonte]

O 22 de outubro de 1944, primeiro cabodano dos fusilamentos tra-la liberación de Francia, O Partido Comunista Francés|PCF organiza a primeira cerimonia de conmemoración, á que asisten varias forzas da Resistencia. As cerimonias repetíronse anualmente a partir de entón, mais dende 1947, a causa da guerra fría, rompeuse a unidade en dous bandos, o "oficial" e o comunista, que pasaron a render tributos separados. Volveríanse a unir en 1981.

En París, o acto principal do 22 de Outubro consiste nunha reunión ante a casa da familia Môquet na rúa Baron de París.

Unha rúa do distrito 17 e unha estación de metro foron bautizadas na súa honra en 1946. Fóra de París hai varios edificios e rúas co nome de Guy Môquet, entre eles un instituto en Châteaubriant e un estadio en Drancy.

O nome de Guy Môquet foi evocado por Nicolas Sarkozy na campaña que o levaría á presidencia de Francia. Marie-George Buffet, candidata apoiada polos comunistas, protestou contra o que consideraba unha utilización indebida da súa memoria. Mesmo na súa investidura volveu a nomea-lo provocando a lóxica controversia.

A súa historia, en cine[editar | editar a fonte]

A súa morte recóllese na curtametraxe La Lettre, sendo Môquet interpretado polo actor francés Jean-Baptiste Maunier.