Saltar ao contido

Gundoaldo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGundoaldo
Biografía
Nacementoc. 565 Editar o valor en Wikidata
Primeiro ducado de Baviera Editar o valor en Wikidata
Mortec. 615 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Asti, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Asti Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Axilolfinga Editar o valor en Wikidata
CónxuxeHarianda (?) Editar o valor en Wikidata
FillosAriperto, Gundpert Editar o valor en Wikidata
PaisGaribaldo I de Baviera Editar o valor en Wikidata  e Waldrada Editar o valor en Wikidata
IrmánsTeodelinda de Baviera
Tasilón I de baviera Editar o valor en Wikidata
ParentesAutario, cuñado
Axilulfo, cuñado
Adaloaldo, sobriño
Garibaldo II de Baviera, sobriño Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Agilofing-30

Gundoaldo, finado en Asti sobre o 615, foi un longobardo, primeiro duque de Asti do 589 ao 615 aproximadamente.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Gunduald etiam, germanus Theodolindae reginae, qui erat dux in civitate Astensi, nemine scientem auctorem mortis ipsius, hoc ipso in tempore sagitta ictus interiit.
Tamén Gundoaldo, irmán da raíña Teodolinda, que era duque de Asti, morreu naquela mesma época, alcanzado por unha frecha, sen que nunca se soubese quen fora o seu asasino.

Irmán da raíña Teodelinda e fillo do duque de Baviera Garibaldo I e de Waldrada (á súa vez filla de Wacho, rei dos longobardos entre o 510 e o 540), tivo dous fillos, Gundeperto e Ariperto (nalgúns textos chamado Chairiberto), tamén eles reis dos longobardos posteriormente. Despois do matrimonio da irmá co rei Autari, celebrado en Verona o 15 de maio de 589, Gundoaldo foi nomeado duque de Asti[1].

Tras a morte de Autari, poucos meses despois do matrimonio, Teodolinda volveu casar co duque de Turín, Axilulfo, que foi coroado rei en Milán en maio de 591. Na súa Crónica o historiador franco Fredegario conta que, sendo o duque de Asti moi amado polos seus súbditos, representaba unha posíbel insidia pola sucesión do reino longobardo e que por iso foi asasinado, por orde da "facción" real.

Paulo Diácono e a Origo, a tal propósito falan dunha revolta dalgúns duques longobardos (Mimulfo, Gaidulfo, Ulfari) calmada con éxito polo exército real: mesmo isto podería ser a referencia de Fredegario, cando fala de faccións reais:

Agone regi e Teudeline, cum ipsum iam zele tenerunt, ubi ad ventrem purgandum in faldaone sedebat sagitta saucius moritur.
Odiou á facción de Agón[2] e Teodolinda, por causa de celos; así que el acabou morto por unha frecha.
Fredegario, Crónica

Á morte de Gundoaldo non se sabe que fin fixo Gundeperto, mentres Ariperto probabelmente sucedeu ao pai na rexencia do ducado de Asti[3]. Pola crónica de Paulo Diácono sábese que subiu ao trono longobardo despois da morte de Rodoaldo, fillo de Rotario, no 653.

  1. Paulo Diácono, Historia Langobardorum, IV, 40. Cfr. tamén Carlo Cipolla, Appunti sulla storia di Asti.
  2. Outro nome co que se identificaba a Axilulfo
  3. Carlo Cipolla, Op. cit.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fredegario, Pseudo-Fredegarii scholastici Chronicarum libri IV cum continuationibus in Monumenta Germaniae Historica SS rer. Mer. II, Hannover 1888.
  • Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Storia dei Longobardi, Lorenzo Valla/Mondadori, Milán 1992).
  • Carlo Cipolla, Appunti per la storia di Asti, Venecia 1891.
  • Niccola Gabiani, Asti nei principali suoi ricordi storici, voll. I, II e III, Tipografia Vinassa, 1927-1934.
  • S. Grassi, Storia della Città di Asti, voll. I e II, Atesa, 1987.
  • L. Vergano, Storia di Asti, voll. I, II e III, Tipografia S. Giuseppe, Asti 1953-1957.