Mimulfo
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século VI |
| Morte | 590 (Gregoriano) Orta San Giulio |
| Causa da morte | decapitación |
| Actividade | |
| Ocupación | aristócrata |
| Outro | |
| Título | Duque |
Mimulfo, finado en Orta San Giulio en 590, foi un duque longobardo, señor da zona de Novara sobre o 575, probabelmente como duque de San Giulio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Segundo a Historia Langobardorum de Paulo Diácono[1], o duque foi acusado de traizón a favor dos francos e feito decapitar na illa de San Giulio polo rei Axilulfo no 590.
É probábel que detrás da súa condena haxa motivacións políticas, ligadas á hostilidade de diversos duques contra o novo rei.
Un pequeno sarcófago que contiña restos humanos e unha inscrición MEINULF (hoxe desaparecida), atopouse na basílica de san Giulio, durante as escavacións efectuadas a finais do século XVII[2]. O sarcófago úsase agora como peto para as esmolas na igrexa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Paulo Diácono, Historia Langobardorum, IV, 3.
- ↑ Lazzaro Agostino Cotta, Corografia della Riviera di San Giulio
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Historia dos longobardos, Lorenzo Valla/Mondadori, Milán 1992).
- Lazzaro Agostino Cotta, Corografia della Riviera di San Giulio (Milán 1690), Borgomanero 1980.