Saltar ao contido

Garibaldo II de Baviera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGaribaldo II de Baviera
Biografía
Nacemento585 Editar o valor en Wikidata
Morte640 Editar o valor en Wikidata (54/55 anos)
Duque de Baviera
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Axilolfinga Editar o valor en Wikidata
CónxuxeGeila von Friaul (610 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosTheodo I of Bavaria, Agilolf von Bayern Editar o valor en Wikidata
PaiTasilón I de baviera Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Agilofinges-24

Garibaldo II de Baviera, nado en 585 e finado en 640,[1] foi o terceiro duque de Baviera.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Tasilón de Baviera, duque de Baviera, da dinastía Axilolfinga, foi duque de Baviera desde 610 atá a súa morte en 630.

Segundo Paulo Diácono, na súa Historia Langobardorum, sucedeu ao seu pai Tasilón I, asasinado polos eslavos que invadiran Baviera,[1] e que devastaran o país, pero Garibaldo II conseguiu organizar un contraataque e expulsar aos eslavos.[2]

A súa muller non se munciona, pero Paulo Diácono tamén conta que cara ao 610, os ávaros invadiron o ducado de Friuli, mataron o duque Xisulfo II e á súa esposa Romilda, e levaron cativas ás súas catro fillas. Dúas delas, Acca e Xeila, foron mercadas por comerciantes, e liberadas, e unha delas casou co príncipe dos bávaros, mentres que a outra casou co príncipe dos alamáns. Dado que o nome de Xisela aparece entón na aristocracia bávara, Christian Settipani cre que foi Xeila quen casou cun duque de Baviera, a quen identifica, por motivos cronolóxicos, con Garibaldo II.[2]

No ano 610 Garibaldo II casou con Anna oder Gaila, con que tivo un fillo, Axilolfo de Baviera, nado contra 615.[3]

Os sucesores de Garibaldo II non están integramente documentados. A tradición bávara di que os que sucederon a Garibaldo II foron Teodón I e Lamberto I. Outras tradicións escritas sinalan outros nomes, entre eles Fara I de Baviera, que casou con Teodón I de Baviera e foi sucedida polo seu fillo Teodón II.[4] Esta incerteza prolongouse ao redor de 50 anos, entre Garibaldo II e o seu sucesor máis coñecido, Teodón II de Baviera.

Predecesor:
Tasilón I
Duque de Baviera
610630
Sucesor:
Descoñecidos até
Teodón II

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Christian Settipani (1989): Les Ancêtres de Charlemagne París: Editions Christian. ISBN 2-9064-8328-1.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]