Gumersindo Montero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gumersindo Montero
Gumersindo Montero Montero mitin Estatuto Vigo xuño 1936.tif
 A Coruña
 Sofía, Bulgaria
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Gumersindo Montero Montero, nado na Coruña e finado en Sofía, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Cuba moi novo, onde foi un dos organizadores do Partido Comunista de Cuba, creado en 1925. Foi expulsado pola ditadura de Gerardo Machado en 1930 e volveu a Galicia. Participou na constitución do raio comunista da Coruña o 9 de xullo de 1931 e foi un dos dirixentes do PCE en Galicia. Presentouse ás eleccións de novembro de 1933 integrado na Candidatura de la Juventud Republicana co seu camarada Manuel Escariz Bugallo[1]. En maio de 1935 foi "acoplado" á secretaría do raio comunista de Vigo. Participou na asemblea do 17 de maio de 1936[2] na que se organizou o referendo do Estatuto de Autonomía de Galicia e despois na campaña para pedir o SI, onde usou sempre o galego. Colaborou en Mundo Obrero. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse en Meirás con Juan Antonio Suárez Picallo e os sindicalistas Antonio Carballeira Muñiz, Manuel Prego Chas e José Mosquera Rey. Alí permaneceu máis de 20 anos. Despois puido saír de España e marchar a Bulgaria, falecendo en Sofia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 14-11-1933, p. 9.
  2. El Pueblo Gallego, 19-5-1936, p. 11.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]