Guerreiros de Terracota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Guerreiros de terracota»)
Guerreiros de Terracota
Guerreiros de Terracota
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País República Popular da China
Localización34°23′6.2″N 109°16′23.2″E
CriteriosC (i)(ii)(iii)(iv)(vi)
Inscrición1987
Identificador[1]

Os guerreiros de terracota (chinés tradicional: 兵馬俑; chinés simplificado: 兵马俑; pinyin: Bīng mă yŏng; Wade-Giles: Ping1-ma3-yung3; lit. "Figuras de soldados e cabalos") son unha colección de esculturas feitas en terracota que representan aos exércitos de Qin Shihuang , o primeiro emperador da China. É unha forma de arte funeraria enterrada co emperador en 210–209 a. C. co propósito de protexer ao emperador na súa vida futura.

Os guerreiros de terracota atópanse dentro do Mausoleo de Qin Shi Huang, tamén coñecido como o Mausoleo do Primeiro Emperador Qin (qín shĭ huáng líng 秦始皇陵), foi descuberto en marzo de 1974 durante unhas obras para o abastecemento de augas de regadío preto de Xi'an, China. Desde o ano 1987 está considerado por parte da UNESCO como Patrimonio da Humanidade.

O exército de terracota[editar | editar a fonte]

O exército está composto por máis de 7.000 figuras de guerreiros e cabalos de terracota realizados a tamano real. Foron enterradas preto do autoproclamado como Primeiro Emperador da dinastía Qin, entre o 210 o 209 a.C.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]