Palacio de Mukden
| (zh) 瀋陽故宮 | ||||
| Tipo | palacio | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Palácios Imperiais das Dinastias Ming e Qing em Pequim e Shenyang (pt) | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Shenyang, República Popular da China | |||
| ||||
| Características | ||||
| Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
| Data | 2004 (28ª Sesión) | |||
| Identificador | 439-002 | |||
| Monumentos da República Popular da China | ||||
| Data | 4 de marzo de 1961 | |||
| Identificador | 1-0112-3-065 | |||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 1625 e 1955 | |||
| Código do catálogo | primeira lista dos grandes bens culturais protexidos a escala nacional: 112. | |||
| Sitio web | sypm.org.cn | |||
O Palacio de Mukden (en chinés simplificado: 盛京宫殿; en chinés tradicional: 盛京宮殿; en pinyin: Shěngjīng Gōngdiàn) ou Shenyang Gugong (en chinés simplificado: 沈阳故宫; en chinés tradicional: 瀋陽故宮; en pinyin: Shěnyáng Gùgōng), tamén coñecido como Palacio Imperial de Shenyang. É o antigo Palacio Imperial da Dinastía Qing (1616-1910) da China. Atópase no centro da cidade de Shenyang, antiga Mukden, na rexión de Manchuria.
No ano 2004, o palacio foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, como extensión dos Palacios Imperiais das Dinastías Ming e Qing en Pequín e Shenyang.
Historia
[editar | editar a fonte]
A construción do palacio iniciouse en 1625, durante o reinado do fundador da Dinastía Qing, Nurhaci. No ano 1631 fóronse construíndo outros edificios por orde do Emperador Huang-Taiji. Os tres primeiros emperadores Quing viviron alí entre 1625 e 1644.
O Palacio de Mukden foi proxectado para asemellarse ás tendas do pobo manchú (大帐), á vez que a ampliación tiña a ambición de copiar a Cidade Prohibida de Pequín. No palacio son evidentes algúns elementos dos estilos arquitectónicos propios das poboacións de Manchuria e o Tíbet.

No ano 1644, cando a Dinastía Qing substituíu a Dinastía Ming en Pequín, o palacio perdeu o seu estatuto de residencia oficial, converténdose nun simple palacio rexional.
No ano 1780, o Emperador Qianlong mandou construír novos edificios, ampliando así o palacio.
Museo
[editar | editar a fonte]No ano 1955, o Palacio de Mukden foi convertido nun museo co nome de Museo Palacio de Shenyang.
Galería de Imaxes do Palacio de Mukden
[editar | editar a fonte]- 崇政殿内景
Trono na Galería Chongzheng - 崇政殿侧立面
Galería Chongzheng, visto de leste para oeste - 崇政殿前平台
plataforma en fronte da Galería Chongzheng - 崇政殿北面
Traseiras da Galería Chongzheng - 武功坊
Entrada do Palacio de Mukden - 武功坊细部
Detalle do portón de entrada - 西路入口
Entradas aos patios oeste do Palacio de Mukden - 太庙之门
Portón de acceso ao santuario imperial - 大清门前石狮
León de pedra en fronte do portón principal, diferente dos leóns de pedra branca chineses - 文溯阁
Biblioteca do Palacio de Mukden - 文溯阁内部
Interior da biblioteca - 凤凰楼
Torre do Fénix, entrada do cuarto residencial - 清宁宫
Palacio Qingning, habitación do emperador e da emperatriz - 索伦竿,饲养鸟雀用
Poste para alimentar os corvos, aves sagradas na cultura manchú - 凤凰楼背面
Torre do Fénix vista do Palacio Qingning - 博物院藏品
Peza en laca do período Qianlong (mediados do século XVIII)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palacio de Mukden |
