Saltar ao contido

Guerra italiana de 1521-1526

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guerra italiana de 1521-1526
Guerras Italianas Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Composto por
 Resultado
Vitoria decisiva dos Habsburgo
Datas
 Data de comezo
1521 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
1526 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Implicados
Localización
 Localización
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/08kr79 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A guerra italiana de 1521–1526, tamén coñecida como Guerra dos Catro Anos,[1] forma parte das Guerras Italianas. O conflito desenvolveuse entre 1521 e 1526 e loitaron Francisco I de Francia e a República de Venecia contra o emperados do Sacro Imperio Romano Xermánico Carlos V, Henrique VIII de Inglaterra e os Estados Pontificios. Entre as causas do conflito está a escolla en 15191520 de Carlos I como emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e a necesidade do papa León X de aliarse con Carlos para combater a Martiño Lutero.

A guerra estourou en Europa occidental en 1521, cando Francia invadiu os Países Baixos e intentou axudar a Henrique II de Navarra a recuperar o seu reino. As forzas imperiais repeleron a invasión e atacaron o norte de Francia, onde os franceses detiveron o seu avance. Por isto, o emperador, o papa e Henrique VIII asinaron unha alianza formal contra Francia e as hostilidades comezaron na Península Itálica. Na batalla de Bicoca, os exércitos imperial e papal derrotaron o exército francés e expulsárono do Milanesado. Despois da batalla, a loita trasladouse ó territorio francés, mentres que Venecia asinaba a paz por separado. O exército inglés invadiu Francia en 1523, mentres que Carlos de Borbón, anoxado polos intentos de Francisco de apoderarse da súa herdanza, traizóao e alíase con Carlos I. En 1524, fracasou unha tentativa francesa de recuperar o Ducado de Milán, cousa que concedeu ó Borbón a oportunidade de invadir a Provenza á fronte dun exército español.

O mesmo Francisco dirixiu un segundo ataque contra o Ducado de Milán (a actual Lombardía) en 1525. A súa desastrosa derrota na batalla de Pavia, na cal foi capturado e na que a maioría dos seus principais nobres morreron, conduciu ó fin da guerra. Mentres estaba preso en España, Francisco asinou o tratado de Madrid, no cal renunciaba ás súas aspiracións a Italia, Borgoña e Flandres. Porén, unhas semanas despois da súa liberación, rexeitou as condicións do tratado, comezando deste xeito a guerra da Liga de Cognac. Malia que as Guerras de Italia continuaron durante tres décadas máis, estas remataron sen que Francia puidese recuperar ningún territorio substancial en Italia.

  1. Malia que entre 1521 e 1526 hai cinco anos, considérase que a guerra remata coa batalla de Pavia; polo tanto, catro anos a partir do comezo das hostilidades en 1521