Batalla de Bicoca
| Batalla de Bicoca | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Guerra Italiana de 1521 - 1526 | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
|
Data
| |||||||
| Implicados | |||||||
|
Participantes
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
|
Descrito pola fonte
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
A batalla de Bicoca foi unha batalla acontecida preto da localidade de Bicoca, ás portas de Milán, no norte de Italia, o 27 de abril de 1522. Este combate enfrontou os exércitos de Carlos V cos de Francisco I de Francia, e saldouse coa vitoria do primeiro.
Preludio
[editar | editar a fonte]Nas súas aspiracións por recuperar Milán, o rei Francisco I de Francia tivo que enfrontarse a Carlos V pois este tamén tiña pretensións sobre o Milanesado.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]O exército do emperador Carlos V comandado por Fernando de Avalos, fixérase forte preto de Bicoca, onde se atrincheiraron e se fortificaron. O exército francés, comandado por Odet de Lautrec como maior mandatario, formado tamén por un continxente suízo, chegaron ó lugar e intentaron acabar co exército do emperador.
Os embates francosuízos foron repelidos polos arcabuceiros imperiais, que facilmente abrían fogo sobre os seus inimigos causando multitude de baixas. As baixas, non menores a tres mil homes, obrigaron ó exército Francés a retirarse a Lombardía.
Trala batalla
[editar | editar a fonte]A guerra non acabou con esta batalla, pois tres anos despois os franceses volverían á emprender unha nova campaña de moi maiores proporcións, novamente frustrada por Carlos V na batalla de Pavia.
A palabra bicoca chegou ata hoxe e significa "cousa sinxela ou barata" debido á facilidade coa que os exércitos imperiais venceron ós franceses.
